San Fernando do Picón, pazo de

San Fernando do Picón, pazo de

Construción situada en Arca (O Pino). Ten planta en forma de U, con patín como entrada principal. As dúas ás son desiguais e unha delas remata en forma de torre. Cara ao centro do corpo central ten outra torre e sobre a porta da solaina atópase a data de 1699. Conserva un pombal, a capela, os alpendres e outras construcións adxectivas. A pedra de armas alude aos Leis ou Caamaño, Villardefrancos, Moscoso e Pardiñas ou Rioboo.