San Filipe, castelo de
San Filipe, castelo de
Construción situada en Ferrol, na bocana da ría. Edificado por orde de Filipe II, reformouse entre 1731 e 1775. Xunto cos castelos de San Martiño e A Palma formou o conxunto defensivo da ría. Tiña un sistema de muros saíntes que cubrían os flancos laterais. Francisco Montaigú, Juan de la Ferriére e Juan Vergel seguiron os modelos da Ilustración e realizaron un trazado xeométrico aplicando as matemáticas á arte da guerra. Está construído en cantaría e as construcións interiores da muralla son barrocas. Foi declarado BIC en 1994.