"Donato" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • PERSOEIRO

    Escultor, coñecido polo nome de Donatello. Formouse nos obradoiros de Ghiberti, colaborando con el nas portas do baptisterio de San Giovanni, para despois traballar na Catedral de Florencia con Nanni di Banco. Viaxou a Roma con Filippo Brunelleschi (1402-1404?) para coñecer os modelos da Antigüidade. Desta viaxe naceron as estatuas de San Marcos, San Xurxo, San Xoán Evanxelista ou Xosué. Entre 1425 e 1443 acadou o seu período de madurez, traballando nesta época co arquitecto Michelozzo, xuntos realizan o monumento a Bartolomeo Aragazzi. Entre 1430 e 1433 pasou diversas temporadas en Roma, alí esculpiría para a sancristía de san Pedro do Vaticano os relevos da Adoración dos anxos e o Enterro de Cristo. Ao seu regreso a Florencia realizou a Cantoria. A obra máis salientable deste período é o David, realizado en bronce, e que abre o camiño da escultura renacentista. Co paso do tempo as obras de Donatello foron afastándose do Clasicismo, acadando un maior realismo; é o caso do Gattamelata,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Está considerado como o iniciador do Renacemento romano. Aprendeu no obradoiro de frei Bartolommeo de Urbino, quen o iniciou na pintura. A súa primeira obra foi a decoración da igrexa de Santa Maria della Bella. En Urbino, iniciouse tamén na arquitectura, sendo seus o pazo de Torriglione e as igrexas de San Bernardino e da Nosa Señora del Piratello, en Imola. Trasladouse a Milán en 1472, onde coñeceu a Leonardo da Vinci, quen influíu nas súas ideas arquitectónicas. En Milán realizou a igrexa de Santa Maria presso San Satiro, na que reflecte un novo xogo de perspectivas, e Santa Maria delle Grazie; outras obras súas en Milán son a Casa dos Cóengos ou a tumba de Ludovico il Moro, ademais de participar na elaboración dos planos da catedral de Pavia xunto con Francesco di Giorgio e de Amadei. Da súa pintura lombarda quedan poucos testemuños: Homes de armas e filósofos e Cristo na columna. En 1499 chegou a Roma, onde se adicou intensamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático latino. Foi preceptor de san Xerome e autor dun Comentario de Terencio, dun Comentario de Virxilio e dunha Ars Grammatica, da que se fixeron moitas versións na Idade Media, coñecidas co nome de donatos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo en Numidia. Combateu a indulxencia dos bispos cos cristiáns que traizoaran a fe durante as persecucións, feito que orixinou o cisma ou herexía dos donatistas. A súa festividade celébrase o 17 de febreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino procedente do latín donatus ‘doado, regalado’, que aparece en textos de carácter relixioso, derivado do verbo donāre ‘dar’. Presenta as variantes Doado e Doada, formas das que procede o topónimo Doade (parroquia de Sober e Lalín). Como nome persoal documéntase no s VIII: “Donato” (doc ano 788 en Manuel Lucas Álvarez, “La colección diplomática del Monasterio de San Lorenzo de Carboeiro”, Compostellanum III, 2, 1958, 240). Levaron este nome: Donato de Cartago (270-355?), bispo en Numidia; san Donato de Arezzo, bispo e mártir durante a persecución de Xuliano o Apóstata no 352; san Donato de Münstereifel (Alemaña), que se invoca contra os lóstregos e os tronos; e san Donato (s IX), bispo de Fiésole, que se celebra o 22 de outubro en toda Irlanda. San Donato é titular dunha parroquia e celébrase o 17 de febreiro. Pode funcionar como apelido patronímico insufixado. Como apelido atéstase xa no s...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor italiano. Estudiou na Accademia di Santa Cecilia de Roma, asistiu a cursos en Darmstadt e posteriormente exerceu a docencia en distintas entidades musicais de Italia e en Berlín. Nos seus comezos seguiu a Bartók e Hindemith para inclinarse máis adiante polas correntes vangardistas de Darmstadt e polo serialismo e o azar. Entre as súas obras destaca For Grilly (1960).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos odonatos.

    2. Insecto da orde dos odonatos.

    3. Orde de insectos e artrópodos que inclúe especies de tamaño mediano ou grande (5-12 cm de envergadura), coa cabeza ensanchada polo gran desenvolvemento dos ollos compostos. Habitan preto da auga estancada aínda que tamén poden afastarse dela, sobre todo as femias, onde practican unha continua cazaría doutros insectos. Algunhas especies son gregarias e fan migracións. Constitúen un dos grupos máis arcaicos de insectos, porque se coñecen fósiles do Carbonífero.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Abram Terc, exiliouse en París (1973). O seu ensaio Cto takoje socialističeskij realizm (Que é o realismo socialista, 1959) amosa o sinal da disidencia. Tamén destacan a novela L’ubimov (1963) e os relatos recollidos en Fantastičeskije provesti (Relatos fantásticos, 1961), inspirados por Hoffmann.

    VER O DETALLE DO TERMO