Betto di Bardi, Donato di Nicolo

Betto di Bardi, Donato di Nicolo

Escultor, coñecido polo nome de Donatello. Formouse nos obradoiros de Ghiberti, colaborando con el nas portas do baptisterio de San Giovanni, para despois traballar na Catedral de Florencia con Nanni di Banco. Viaxou a Roma con Filippo Brunelleschi (1402-1404?) para coñecer os modelos da Antigüidade. Desta viaxe naceron as estatuas de San Marcos, San Xurxo, San Xoán Evanxelista ou Xosué. Entre 1425 e 1443 acadou o seu período de madurez, traballando nesta época co arquitecto Michelozzo, xuntos realizan o monumento a Bartolomeo Aragazzi. Entre 1430 e 1433 pasou diversas temporadas en Roma, alí esculpiría para a sancristía de san Pedro do Vaticano os relevos da Adoración dos anxos e o Enterro de Cristo. Ao seu regreso a Florencia realizou a Cantoria. A obra máis salientable deste período é o David, realizado en bronce, e que abre o camiño da escultura renacentista. Co paso do tempo as obras de Donatello foron afastándose do Clasicismo, acadando un maior realismo; é o caso do Gattamelata, Judith e Holofernes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Florencia

  • Deceso