"Dorado" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • Que ou quen adora, que marabilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Editor. Promoveu a creación da editorial Citania en Bos Aires xunto con Luís Seoane, empresa que realizou o seu labor entre 1957 e 1959. Colaborou tamén na edición de libros en lingua galega con Antonio Baltar, Perfecto López e Manuel Martínez Lamela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Forma castelá correspondente ao apelido galego Dourado.

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de sinople, cinco torres de ouro, ameadas e cachotería de sable, postas en aspa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome latino da constelación de Dourada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista, catedrático e escritor. Durante a súa estadía en Boloña entrou en contacto coa escola positivista italiana. De regreso a España, foi catedrático de Dereito Político e Administrativo en­ Granada e de Dereito Penal en Salamanca. Precursor ideolóxico do grupo Defensa Social, avogaba por un sistema penal máis preventivo ca sancionador e pola reinserción social do delincuente. Escribiu, entre outras obras, La antropología criminal en Italia (1890), Bases para un nuevo derecho penal (1902) e El derecho protector de los criminales (1916).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión imaxinaria de Sudamérica á que os conquistadores españois, que a situaban entre as concas dos ríos Orinoco e Amazonas, atribuíron inmensas riquezas. O mito naceu no altiplano colombiano a partir dunha lenda de base real que falaba do costume do xefe chibcha de Guatavitá de cubrirse cada día cunha fina capa de ouro. Ata o s XVIII organizáronse numerosas expedicións na súa procura.

    VER O DETALLE DO TERMO