Eldorado
Eldorado
Rexión imaxinaria de Sudamérica á que os conquistadores españois, que a situaban entre as concas dos ríos Orinoco e Amazonas, atribuíron inmensas riquezas. O mito naceu no altiplano colombiano a partir dunha lenda de base real que falaba do costume do xefe chibcha de Guatavitá de cubrirse cada día cunha fina capa de ouro. Ata o s XVIII organizáronse numerosas expedicións na súa procura.