"Doris" (Contén)

Mostrando 8 resultados de 8.

  • Ideoloxía e actitude que defende o statu quo vixente en cada momento e que se opón á idea de cambio social, defendido polos movementos progresistas ou revolucionarios. As primeiras manifestacións da tendencia conservadora apareceron en Inglaterra, entre a Guerra Civil de 1649 e a Revolución de 1688, cando os conservadores (tories) defenderon os intereses da aristocracia terratenente e do alto clero. A súa configuración como corrente ideolóxica partiu das obras de Edmund Burke, quen rexeitaba os principios da Revolución Francesa (igualdade, representación e soberanía popular), pero aceptaba a teoría do contrato social e o principio de soberanía nacional. Tomando como modelo as tradicións políticas británicas, defendía a orde, o equilibrio e a supremacía dunha lei natural e divina, e como froito dela existía un grupo, unha aristocracia natural que se ocuparía do goberno. Sobre esta base ideolóxica asistemática, apareceron durante o s XIX diversas correntes ou liñas doutrinais...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doris von Kappelhoff.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de moluscos gasterópodos opistobranquios da orde dos nudibranquios que comprende numerosas especies. Teñen aspecto de lesmas e poden chegar a medir uns 25 mm de lonxitude. Son de pel núa, carecen de cuncha, e na parte posterior das costas teñen unha coroa de branquias dispostas en forma de plumeiro. Viven nos fondos mariños entre os 20 e os 100 m de profundidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na mitoloxía grega, filla de Océano e de Tetis. Xunto con Nereo enxendrou as Nereidas, divindades mariñas, e o heroe Nerites.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena embarcación de fondo plano e de proa e popa en forma de punta de lanza, empregada en Terranova na pesca do bacallao. Leva bancos móbiles para poder estibar mellor o peixe, e está manexada por dous homes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actriz cinematográfica estadounidense. Coñecida como Doris Day, comezou a súa carreira cantando en distintas orquestras ata que conseguiu un contrato cos estudios Warner para facer varios musicais. Da súa filmografía destacan as películas Romance on the High Seas (1948), Love Me or Leave Me (1955), The Man Who Knew Too Much (1956), Lover Come Back (1961) ou Do Not Disturb (1965).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista. Filla dun oficial británico, instalouse en Londres en 1949. Comprometeuse coa denuncia do colonialismo europeo en África e publicou 20 novelas, 11 volumes de relatos, varios ensaios, obras de teatro, poemas e algunha autobiografía. Da súa produción destacan Canta a herba (1951), Contos africanos (1951), O caderno dourado (1962, Premio Médici de Francia), A boa terrorista (1985), Historias de Londres (1992) e O soño máis doce (2002). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras (2001) e o Premio de Literatura David Cohen (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento poético xurdido en Galicia ao redor da década de 1920 e que pretendía a recuperación das cantigas medievais galego-portuguesas. Difundiuse especialmente tras a publicación de diversos traballos e estudos sobre o tema, en concreto as Cantigas d amigo dos trovadores galego-portugueses (1926-1928) e Cantigas d amor dos trovadores galego-portugueses (1932), de José Joaquim Nunes. Tomando como referente este corpus, algúns poetas achegáronse á literatura trobadoresca, sobre todo formalmente, empregando recursos propios das cantigas como o paralelismo ou o dístico monorrimo con refrán. As primeiras composicións que se poden inscribir neste movemento son Nao senlleira (1933), de Fermín Bouza-Brey, e Cantiga nova que se chama ribeira (1933), de Álvaro Cunqueiro, ás que se poden engadir os Cantares d amigo, de Carles Riba, e o Poemeto da Vida (1930), de Xohán V. Viqueira. Pero non só atende á parte estrutural, senón que este incipiente interese pola lírica trobadoresca tamén vén determinado...

    VER O DETALLE DO TERMO