"Doro" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 123.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Abucara (Edesa 740 - Ḥ arrān, Osroene 820) Bispo e escritor siríaco. Foi discípulo de Xoán Damasquino e o primeiro escritor cristián que fixo uso do árabe en materia relixiosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Isidoro Rodríguez Acevedo.
-
PERSOEIRO
Tsarina de Rusia (1894-1917), filla do gran duque Luís IV de Hessen-Darmstadt. En 1894 casa co futuro Tsar Nicolao II de Rusia, sobre o que exerceu unha grande influencia. Introduciu na Corte o célebre Rasputin, a quen lle outorga unha gran confianza aumentando por iso o desprestixio do réxime tsarista. Na Primeira Guerra Mundial o Tsar déixalle a Alexandra a dirección da política interior. Ao estoupar a Revolución do 1917, foi arrestada e executada no 1918 con toda a súa familia en Ekaterinburgo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta simbolista e dramaturgo ruso. A súa obra de creación, publicada moi tardiamente, caracterízase pola tristura das imaxes simbólicas, de inspiración francesa, ás que engade a paixón do mundo clásico. Ademais da traxedia de tema mitolóxico, escribiu tres volumes de poesía.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeógrafo e político aragonés. Estudiou en Zaragoza e València, para trasladarse a Madrid no 1799 coa intención de ensinar Xeografía e Historia no Seminario de Nobres. A raíz da invasión napoleónica fuxiu a Sevilla (1809) e logo a Palma de Mallorca (1810-1813), onde exerceu como maxistrado da Audiencia e foi vogal das cortes pola Coroa de Aragón, contribuíndo ao desenvolvemento das ideas liberais en Mallorca. Publicou traballos como a Carta sobre la necesidad de asegurar con leyes eficaces la libertad del ciudadano contra los atropellos de la fuerza armada (1811) ou Noticias históricas de don Gaspar Melchor de Jovellanos (1812), xunto a obras de carácter xeográfico como Lecciones de geografía astronómica, natural y política (1804-1806). Máis tarde foi deputado nas Cortes de Cádiz. Morreu asasinado ao se proclamar o réxime absolutista en 1814.
VER O DETALLE DO TERMO -
FILOSOFOS
Filósofo da escola alexandrina, discípulo directo de Aristarco. Autor de tratados sobre cronoloxía, mitografía, xeografía, teoloxía e gramática (Etimoloxías).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Construíu o Foro de Traxano en Roma. Atribúeselle tamén a ponte sobre do Danubio reproducida na Columna de Traxano.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e escritor. Despois de abandonar a carreira eclesiástica, marchou a Madrid para ocupar un posto do ministerio da Gobernación e logo a Salamanca. Máis tarde emigraría a Cuba, onde colaborou nos xornais El Noticioso e Lucero para logo fundar El Diario de la Marina; tamén colaborou, entre outros, no Diario Español e Faro de Vigo. Publicou tamén a novela curta Ana Mir.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto, pintor e funcionario da corte de Filipe V. Entre outras obras, foi arquitecto nas catedrais de Granada e Toledo. Construíu o primeiro Palacio de la Granja.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que ten ardor, moi quente.
-
Persoa que se comporta con ardor.
-
-
PERSOEIRO
Pintor, gravador e ilustrador. É profesor de gravado na Facultade de Belas Artes de Pontevedra (1994). Formouse en Madrid e París. Malia que a súa obra é abondo variada e diversificada, sempre integrou o gravado e a pintura na mesma intervención. Dirixiu a Calcografía Nacional de Madrid (1980-1985) e promoveu a creación do Centro de Gravado Contemporáneo da Coruña (1987). Ao longo da súa andaina artística recibiu numerosas bolsas en diferentes ocasións e obtivo premios tanto en Francia como en España.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Éfeso ss II-I a C) Xeógrafo. Embaixador de Éfeso en Roma. Viaxou e escribiu un libro de xeografía no que procurou describir o mundo entón coñecido. Deu moita importancia á xeografía física e ás indicacións das distancias, se cadra como reacción contra a xeografía astronómica.
-
PERSOEIRO
Realizadora cinematográfica. Entre outras películas, dirixiu: Fashions for women (Moda para mulleres, 1927), Sarah and son (Sara e o seu fillo, 1930), Working girls (Mulleres da rúa, 1931), Nana (1934), Dance girl dance (Danza muller, danza, 1940) e First comes courage (O primeiro é o valor, 1943).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Rodas s I a C) Escultor grego. Autor, xunto con Axesandre e Polidoro, do grupo escultórico de Laocoonte e os seus fillos, exemplo salientable da estatuaria helenística, malia estar realizado con carácter de relevo, predominando a visión frontal, contraria aos esquemas helenísticos de aprehensión espacial da obra de arte (multiplicidade de puntos de vista, desenvolvemento helicoidal, visualización en perímetro circular completo, etc).
-
PERSOEIRO
Actor que formou parte do elenco do Teatro da Arte de Moscova entre 1906 e 1911. Na compaña de Nikolaj Tarasov creou o Teatro do Morcego (1908-1920), que constituíu unha das primeiras propostas de teatro de cabaré de Rusia. As súas funcións consistían en improvisacións e divertimentos escénicos nos que mesturaban números musicais con mimodramas, todo tipo de dramatizacións e parodias a partir de números de ópera ou sobre textos de Aleksandr Sergejevič Puškin, Mikhail Jurjevič Lermontov ou Nikolaj Vasil’evič Gogol’. En 1920 a compañía trasladouse a París co nome de Chauve-Souris e, posteriormente, realizou xiras polo Reino Unido, EE UU ou España, onde gozou do favor do público e de críticos tan dispares como José Ortega ou Luís Buñuel. En París instalouse no Teatro Fémina, local que visitou Castelao durante a súa viaxe de estudios por Europa e no que se inspirou para imaxinar un Teatro de Arte para Galicia asentado nas propostas da compañía rusa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Canonista. Patriarca de Antioquía (1189-1195) e bispo electo no 1193, cargo que non chegou a ocupar. Consérvanse os seus catorce volumes de comentarios ao Syntagma, tamén chamados Exegesis canonum.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Adoración Sánchez Bárcena.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Gastrómo, cociñeiro e escritor aragonés da primeira metade do século XX. É autor de tratados culinarios como La cocina para ellas. Gastronomía elemental y superior.
-
PERSOEIRO
Escritora rusa. Cultivou a literatura infantil e a poesía: Stikhotvorenija (Poesías, 1934) e Kniga pesen’ (Libro de cancións, 1936). Escribiu tamén os poemas Govorit Leningrad (Fala Leningrado, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Músico. Ingresou aos oito anos como neno de coro da basílica luguesa, onde recibiu as primeiras leccións de solfexo de mans do mestre de capela Francisco Reyero e do organista Francisco Mariano Mogrovejo. Por mor dunha trasnada perdeu o posto de neno do coro (infantiño). Abandonou a catedral e continuou estudiando música, entrando como frautista na Banda da Milicia Nacional. Viaxou a Madrid e ingresou no Real Conservatorio, onde foi discípulo de Pedro Albéniz (Piano), Antonio Aguado (Harmonía) e Ramón Carnicer (Composición). Simultaneou os estudios do conservatorio cos de órgano co compositor e organista Román Jimeno. En Écija foi profesor de música das fillas do marqués de Peñaflor; alí dirixiu zarzuela e gañou a praza de organista da igrexa de Santa Bárbara, onde permaneceu uns cinco anos ata que volveu a Lugo e acadou a praza de organista da Catedral. Deu concertos de órgano no Casino e no Teatro, e actuou como cantante. Presidiu a sección de música do Liceo Artístico e Literario...
VER O DETALLE DO TERMO