Dos Hermanas
Dos Hermanas
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SL da capital, á beira do río Guadalquivir (91.138 h [1996]). Cabeza dunha fértil área agrícola, na que as oliveiras, laranxeiras e hortalizas son os principais produtos cultivados, no último cuarto do s XX, debido a un proceso de difusión a partir da capital, converteuse nun próspero núcleo industrial, no que destaca a elaboración de aceites, materiais de construción, mobles e o sector téxtil. Fundouna Fernando III o Santo despois da conquista de Sevilla. Do seu patrimonio cultural cómpre salientar as igrexas de Santa María Magdalena, a conventual de Santa Ana e a alquería de El Pilar.