"Dosil" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • ESPA¥A

    Concello da comunidade autónoma de Navarra, na comarca da Ribera de Navarra (2.511 h [1996]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Apelido de orixe toponímica formado posiblemente sobre o hidrónimo Sil e mais a preposición de (neste caso coa forma do, resultado da contracción co artigo masculino o), indicadora de lugar de procedencia, residencia ou nacemento do individuo ao que se lle aplicou na súa orixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Lingüista. Licenciado en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela, é intérprete xurado de galego. Foi tradutor de galego no Servicio de Tradución da Xunta (1989-1997), profesión que tamén exerceu fóra desa institución e, dende 1993, funcionario do corpo superior da Xunta de Galicia. Foi subdirector xeral de Política Lingüística (1998-2000), cargo no que levou a cabo varias iniciativas, entre as que destacan a creación da sección de Asesoramento Lingüístico, coa dobre finalidade de dar resposta a calquera consulta relativa á lingua galega e de atender, en materia de lingua, as organizacións públicas e privadas; potenciou a presenza dos profesionais da lingua na Administración de Xustiza e mais nos ámbitos comarcal e local; e levou a cabo outras actuacións, como a dinamización social, o ensino, a investigación e as novas tecnoloxías aplicadas á lingua. É autor de Maiúsculas e abreviacións (1996) e Palabras novas e nomes propios (1997); e publicou, en...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor. Doutor en Filosofía e Letras pola Universidade de València (1973), ampliou estudios no Instituto de Modificabilidade Cognitiva de Israel. Catedrático de Psicoloxía Xeral e de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, centra a súa investigación, sobre todo na educación para a saúde, na mellora da intelixencia, na estrutura do medio ambiente familiar e estilos educativos e na calidade dos centros educativos. Codirixe proxectos de investigación no Seminario de Sociolingüística da Real Academia Galega e foi o impulsor da creación do Foro Internacional da Familia e fundador do Instituto da Familia. Forma parte de diversos consellos de redacción (Revista Galega de Ensino) e de editoriais (Escuela en Acción, Revista de Educación, FAÍSCA) e é codirector de Psicología General y Aplicada (FEDAP). É director e coautor de varias obras e artigos científicos; entre elas cómpre destacar De la cuna a la Universidad (1999),...

    VER O DETALLE DO TERMO