Douala
Douala
Capital da provincia de Litoral, Camerún, no golfo de Bonny, na marxe esquerda do río Sanaga (1.200.000 h [1991]). Economicamente é a principal cidade do país. Destacado núcleo de comunicacións e centro industrial, a base da súa economía é a produción de pasta de papel, aluminio e produtos químicos.