"Dublín" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Premio literario convocado polo Café Dublín de Vigo dende 1994 co propósito de galardoar orixinais inéditos cunha extensión mínima de 65 folios e máxima de 100. Entre os seus gañadores está Ramón Caride Ogando con Sarou no crepúsculo (1997).
-
CAPITAIS
Capital de Irlanda e do condado homónimo, na provincia de Leinster, situada nunha ampla baía sobre o mar de Irlanda, na desembocadura do río Liffey (480.996 h [1996]). Fundada ao N do río, experimentou un gran crecemento nos ss XVIII e XIX. A aglomeración comprende, entre outros, os núcleos de Howth e Dún Laoghaire. As industrias tradicionais empezaron a perder peso na década dos setenta, como os sectores téxtil e a elaboración de alimentos. Nos anos oitenta empezaron a construírse nos barrios que rodean a cidade, diversos centros industriais, principalmente dos sectores químico, electrónico e da enxeñería, que deron un forte impulso á industria. Centro de comunicacións do Estado, constitúe o final da rede de ferrocarrís e do Canal Real e conta co primeiro porto comercial e pesqueiro, construído en 1714. Centro de ensino superior, a cidade conta con diversos colexios e universidades: a University of Dublin Trinity College, fundada en 1592; o University College, no 1909; o Dublin Institute...
VER O DETALLE DO TERMO -
CONDADOS
Condado da provincia de Leinster, Irlanda (922 km2; 1.058.264 h [estim 1996]). A súa capital é Dublín.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Dublín ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Dublín.
-