"Dugong" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Xénero de mamíferos, da orde dos sirenios, ao que pertence o dugongo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mamífero de corpo groso, de ata 3 m de lonxitude e 300 kg de peso. Presenta unha aleta caudal bilobulada que empregan para impulsarse pola auga mediante movementos vigorosos e orientados nun plano vertical, e os dous membros anteriores reducidos e flexibles, que empregan como temón mentres nadan e para soster o alimento. Teñen o labio superior grande e partido en dúas metades, de mobilidade independente, co que poden manexar a comida. Na boca só teñen dentes molares. Respiran cada 20 minutos cando están en repouso e cada 3 ou 5 minutos cando están en plena actividade. Habitan as desembocaduras dos grandes ríos, aínda que ocasionalmente se aventuran en mar aberto. Distribúense por augas con temperaturas que nunca descenden dos 21°C das costas do Océano Índico, o L de África, India, Asia e N de Australia. Son herbívoros que consomen diariamente unha cantidade de alimento equivalente a unha décima parte do seu propio peso. A dieta componse, principalmente, de algas e dalgunhas plantas subacuáticas....

    VER O DETALLE DO TERMO