Leuciscus
Leuciscus
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes, da familia dos ciprínidos, que presenta o corpo alongado e fusiforme, unha soa aleta dorsal e opérculo triangular. Viven nos ríos alimentándose de algas ou invertebrados. En Galicia pódese atopar a especie L. carolusterii (cacho) nos ríos Lérez, Limia, Miño e afluentes.