"Dumio" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antiga localidade da Gallaecia, nas proximidades de Braga. No s VI un monxe procedente da Panonia, san Martiño, fundou alí un mosteiro que, debido ao carácter ariano do reino suevo, se converteu en sé episcopal católica dende 556 ata 570, cando, trala conversión do rei, o bispado volveu a Braga. Trala invasión musulmá da Península Ibérica (s VIII), algúns frades daquel cenobio fundaron un novo convento nas proximidades de Mondoñedo. Esta nova comunidade trasladou consigo a dignidade episcopal, á vez que se converteu na sé que administrou o territorio da antiga diocese de Britonia, abandonada polo seu bispo, refuxiado en Oviedo. Deste xeito, provisionalmente, a diocese de Britonia denominouse diocese de Dumio ata o 866, cando mudou o nome por Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bispo de Dumio e arcebispo de Braga (570). Foi o artífice da conversión sueva. A partir do 550 contribuíu decisivamente á cristianización de Gallaecia, mediante a propiciación do monacato e a expansión da nova Igrexa. Gracias á súa intervención ao redor do 559, o Rei Teodemiro converteuse ao cristianismo. Tentou suprimir as supersticións e os restos do paganismo e do priscilianismo aínda presentes na sociedade rural e proporcionar á Igrexa Galaico-sueva unhas normas para poder desenvolver a grande obra de restauración da vida cristiá. Escribiu Parrochiale Suevorum ou Divisio Theodomiri e os Capitula Martini, colección canónica que redactou como colofón e complemento dos Concilios I e II de Braga. Modificou os canons e incluíu capítulos propios en que tratou a represión de diversas supersticións mencionadas no tratado De correctione rusticorum, onde pretendeu corrixir os hábitos e costumes pagáns vixentes en certas zonas de Galicia. Tamén fundou o mosteiro...

    VER O DETALLE DO TERMO