Martiño de Dumio, san ou Martiño de Braga
Bispo de Dumio e arcebispo de Braga (570). Foi o artífice da conversión sueva. A partir do 550 contribuíu decisivamente á cristianización de Gallaecia, mediante a propiciación do monacato e a expansión da nova Igrexa. Gracias á súa intervención ao redor do 559, o Rei Teodemiro converteuse ao cristianismo. Tentou suprimir as supersticións e os restos do paganismo e do priscilianismo aínda presentes na sociedade rural e proporcionar á Igrexa Galaico-sueva unhas normas para poder desenvolver a grande obra de restauración da vida cristiá. Escribiu Parrochiale Suevorum ou Divisio Theodomiri e os Capitula Martini, colección canónica que redactou como colofón e complemento dos Concilios I e II de Braga. Modificou os canons e incluíu capítulos propios en que tratou a represión de diversas supersticións mencionadas no tratado De correctione rusticorum, onde pretendeu corrixir os hábitos e costumes pagáns vixentes en certas zonas de Galicia. Tamén fundou o mosteiro de Dumio, inspirado na vida ascética do monaquismo oriental. Esta influencia de Oriente solapouse coas prácticas rigoristas do priscilianismo.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Panonia