"Dumont" (Contén)
Mostrando 4 resultados de 4.
-
FAMILIAS
Familia de escultores e pintores franceses. Pierre Dumont (Valenciennes 1660 -? 1735), traballou na decoración escultórica do palacio de Nancy. O seu fillo e discípulo François Dumont (París 1688 - 1726), esculpiu as figuras de san Xosé, san Xoán, san Pedro e san Paulo para a igrexa de Saint-Sulpice (París). Jean [Jacques] Dumont (París 1701 - 1781), coñecido como Dumont le Romain, foi pintor e gravador que cultivou escenas mitolóxicas e históricas e do que se conservan algunhas das súas obras na Casa da Moeda de París. O seu fillo, Jacques Edne Dumont (París 1761 - 1844), foi un dos escultores oficiais da época napoleónica. Entre as súas obras cómpre salientar os relevos da Colonne Vendôme. O seu fillo, Augustin Alexandre Dumont (París 1801 - 1884), escultor oficial, realizou, entre outras obras, o Xenio da Liberdade, da Colonne...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista francés. Especializado en economía rural e planificación agrícola, foi asesor de diversos gobernos dos países subdesenvolvidos a través da FAO e da UNESCO. Estudiou a problemática económica destes países, criticou a postura de Occidente e denunciou que o liberalismo económico prexudicaba o medio ambiente e non axudaba á desaparición da pobreza. Considerado como o pai da ecoloxía, en 1974 presentouse ás eleccións presidenciais francesas polo Partido dos Verdes. Entre as súas obras, cómpre destacar l’Utopie ou la Mort (A utopía ou a morte, 1973), Un monde intolérable: le libéralisme en question (Un mundo intolerable: o liberalismo en cuestión, 1988) e Démocratie pour l’Afrique (Democracia para África, 1991).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de algas vermellas ao que pertence o xénero D. contorta, caracterizado por presentar un talo de ata 30 cm, de cor vermella escura e consistencia mol e elástica, cun eixe principal do que parten numerosas ramificacións de sección cilíndrica. Na costa galega está presente, na primavera e no verán, no litoral medio e inferior de costas semiexpostas ou protexidas. Recóllese para a alimentación, especialmente en Xapón.
-
PERSOEIRO
Aeronauta e inventor brasileiro. Fixo numerosas experiencias sobre navegación aérea en Francia, con globo aerostático (1898) e con avión. Construíu diversos aparatos e en 1906 conseguiu facer o primeiro voo europeo dun deles, máis pesado ca o aire, polo que foi considerado un dos pioneiros da navegación aérea.
VER O DETALLE DO TERMO