"EAC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 135.

    1. Pezas do arado de pau situadas ao carón da rella que serven para facer máis ancho o suco e virar ou voltear a terra. Úsase sobre todo en plural.

    2. Articulacións do cuxo situadas entre a parte inferior da pata e a superior da cana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escavación feita ao redor dunha árbore ou planta que permite reter a auga ou expoñer as raíces para que se aireen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción, chamada tamén reacción de Hopkins-Cole, que permite poñer de manifesto a presenza de triptófano nas proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exposición dun medio á acción física ou química do aire. É unha práctica común nas plantas potabilizadoras de auga.

      1. Exposición á acción química do aire.

      2. Impregnación de aire.

      3. Saturación dun líquido con aire.

    2. Acción e efecto de facer penetrar nos poros do solo o aire preciso para a súa fertilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Formación de aminoalcohois quentando mesturas dun aldehido aromático e dun aminoácido que conteña un grupo amina primario ou secundario.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Substancia metálica composta por máis dun elemento. Os constituíntes das aliaxes son solucións sólidas, combinacións ou mesturas íntimas heteroxéneas de dous ou máis metais, e combinacións dun ou máis metais con elementos non metálicos, que manifestan propiedades metálicas. Exemplos de aliaxes correntes son o aceiro, o latón, o bronce, o cuproníquel e o duraluminio. Case que todos os metais son empregados principalmente en forma de aliaxes. O número de compoñentes dunha aliaxe é moi variable; as aliaxes de dous e tres compoñentes denomínanse, respectivamente, binarias e ternarias. Entre os compoñentes hai que distinguir os principais, que determinan as características básicas da aliaxe, e os modificadores, que as modifican no sentido desexado. As aliaxes correntes divídense, segundo a súa composición, en dúas grandes categorías: aliaxes férricas e aliaxes non férricas; e estas últimas subdivídense en aliaxes lixeiras e aliaxes pesadas. As aliaxes de mercurio...

    2. aliaxe antifrición antifrición.

    3. aliaxe dura Aliaxe de dureza moi elevada utilizada especialmente para o corte de metais, para matrices e para pezas que requiren gran resistencia á abrasión. As aliaxes duras comprenden entre outras, os aceiros rápidos, as aliaxes “Stellite” a base de cobalto, cromo e tungsteno, e os carburos aglomerados (por exemplo, os metais “Kenna” e widia), constituídos esencialmente por carburo de tungsteno (con adición de carburo de titanio, de tántalo e de niobio) aglomerado con cobalto.

    4. aliaxe eutéctica Aliaxe formada exclusivamente ou case por un eutéctico.

    5. aliaxe férrica Aliaxe na que o elemento fundamental é o ferro. Son as aliaxes máis empregadas e superan con moito a todas as outras en tonelaxe. Os dous tipos máis importantes son o ferro coado en todas as súas variedades, produto dos altos fornos, e o aceiro produto do afinamento do ferro coado coa adición eventual doutros elementos.

    6. aliaxe fusible Aliaxe de punto de fusión moi baixo, constituído xeralmente por un eutéctico de 2 a 5 compoñentes. A denominación adoita ser aplicada especialmente ás aliaxes que funden por debaixo de 230°C. As súas principais aplicacións son os fusibles de extintores automáticos de incendios, as válvulas e os cortacircuítos fusibles, a fixación de eixos e chumaceiras, os baños de temple e revestimento, a protección de modelos de fontanería, os modelos dentais, a soldadura, o selamento de vidro con metal e certos moldeamentos delicados. Os seus principais compoñentes son: o bismuto, o chumbo, o estaño e o cadmio. Utilízanse tamén o indio, o metal de Rose e o metal de Wood.

    7. aliaxe lixeira Aliaxe onde o elemento principal é o aluminio ou o magnesio (e tamén, por extensión, modernamente, o titanio). As aliaxes a base de aluminio son as máis importantes e as máis empregadas, e son utilizadas correntemente nas industrias automobilísticas, aeronáuticas e na astronáutica. As aliaxes que conteñen cando menos un 90% de magnesio, con densidade por debaixo de 1,9, chámanse, ás veces, ultralixeiras.

    8. aliaxe non férrica Aliaxe que non contén ferro ou onde o ferro non é ningún compoñente principal.

    9. aliaxe pesada Aliaxe non férrica formada por metais de densidade superior á do titanio (4,5). As aliaxes pesadas comprenden, en xeral, as aliaxes de cobre, níquel, zinc, chumbo e outros metais.

    10. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Suspensión temporal de todo proceso pensante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reactividade de signo negativo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta situada na beira oriental da Ría de Aldán, parroquia de Aldán, Cangas do Morrazo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Fungo da familia das astreáceas.

    2. Familia da orde das esclerodermatais ao que pertence o xénero Astraeus.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proba utilizada para diferenciar quimicamente os monosacáridos dos disacáridos, engadindo unha mestura de ácido etanoico e acetato de cobre (II) á solución a estudiar. Baséase no carácter máis redutor dos monosacáridos, que precipitan máis rapidamente o cobre reducido en forma de óxido cuproso avermellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Peroxa baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Principal lingua vehicular da Melanesia e das costas orientais de Nova Guinea. É basicamente un pidgin-english introducido polos europeos nas súas relacións comerciais cos papús e cos melanesios, estendido posteriomente polos contactos entre indíxenas de lingua propia diferente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Benxamín Disraeli.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método utilizado para a análise cuantitativa e cualitativa de azucres redutores, especialmente a glucosa, presentes en diferentes tipos de mostras, por exemplo en líquidos orgánicos. Baséase na precipitación do óxido de cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción característica das pentosas e dos ácidos urónicos que ocorre ao quentalos en condicións axeitadas con ácido clorhídrico para producir a súa rápida conversión en furfural; este dá lugar, con orcinol e cloruro férrico, a coloracións avermelladas ou rosadas que poden ser extraídas con n -butanol. En análises clínicas, foi substituída por métodos enzimáticos automatizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción química que se produce nos seres vivos.

    VER O DETALLE DO TERMO