Bial, reacción de
Bial, reacción de
[QUÍM]
Reacción característica das pentosas e dos ácidos urónicos que ocorre ao quentalos en condicións axeitadas con ácido clorhídrico para producir a súa rápida conversión en furfural; este dá lugar, con orcinol e cloruro férrico, a coloracións avermelladas ou rosadas que poden ser extraídas con n -butanol. En análises clínicas, foi substituída por métodos enzimáticos automatizados.