"EDES" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 108.

  • AFLUENTES

    Afluente á esquerda do río Támega, tamén chamado do Fachedo. Nace como arroio dos Muíños na parroquia de Osoño, no concello de Vilardevós. A seguir, entra no concello de Verín pola parroquia de Abedes, da que recibe o nome, e por Cabreiroá chega ao Támega onde desemboca no lugar da Ponte de Oímbra, no concello de Oímbra, logo dun percorrido en sentido NNL-SSO que aproveita a falla coñecida co nome de Corga e na que xorden as augas de Sousas e Cabreiroá, que orixinaron os balnearios e industrias de embotellado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Verín baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Edesa, en Mesopotamia, a quen se lle atribúe correspondencia con Xesucristo. Segundo a versión desta lenda recollida por Eusebio de Cesarea (s IV), Xesucristo enviou unha resposta escrita por medio do apóstolo Xudas Tadeo, quen habería bautizar a Abgar. Esta correspondencia foi declarada apócrifa polo Decreto Pseudoxelasiano (s VI). A lenda puido ter tamén a súa orixe no desexo de darlles aos edesios unha antigüidade superior á súa conversión, realizada en tempos de Abgar IX (179-214).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de mosquitos tropicais da familia dos culícidos. A especie A. aegypti, de cor negra con manchas brancas, vive nas rexións cálidas e húmidas de África e de América meridional. Propaga o dengue e a febre amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Profesora de ensino primario, actriz e animadora teatral. Participou en colectivos como Barriga Verde, Joven Teatro Joven ou Teatro do Achádego, agrupacións teatrais que teñen como obxectivo a promoción do teatro para a infancia e a mocidade, e do teatro afeccionado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Matemático e físico. Fillo dun astrónomo, supostamente parente de Hierón, tirano de Siracusa. Destacou en xeometría pura. Estudiou a Euclides e tivo algunha relación con Eratóstenes. A profunda orixinalidade da súa obra, o feito de que estea escrita en dialecto dórico e o intenso traballo de enxeñeiro que debeu levar a cabo fan supoñer certa oposición á ciencia oficial da época, representada polos científicos alexandrinos. A súa descuberta máis importante foi, mesmo para o propio Arquímedes, a demostración de que a área da esfera é igual á área lateral do cilindro recto circunscrito e que a área total deste cilindro e o seu volume son, ambos, unha vez e media os da esfera. Demostrou que a área do círculo é igual á dun triángulo rectángulo en que os catetos sexan, respectivamente, iguais ao radio e á lonxitude da circunferencia. O problema redúcese a calcular a relación da circunferencia co diámetro (número π). Arquímedes foi un mestre no cálculo numérico, e cos polígonos inscrito e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proposición segundo a que se collen dous elementos calquera, α e β, dun conxunto que teña estrutura de semigrupo ordenado, existe un número enteiro n tal que nα ³ β, é dicir, hai múltiplos do pequeno maiores ca o grande. Os conxuntos nos que se verifica esta proposición denomínanse conxuntos arquimedianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Un dos principios fundamentais da estática de fluídos, polo que un corpo somerxido nun fluído é afectado por unha forza ascensional (impulso de Arquímedes) aplicada ao metacentro igual ao peso do fluído desaloxado. Se se supón que o corpo e o líquido son homoxéneos e de pesos específicos γ1 e γ2, chámaselle P ao peso do corpo, e F á forza ascensional, cúmprese que P = Vγ1 e F =Vγ2, onde V é o volume do corpo. Se P > F, o corpo afúndese. Se P = F, o corpo nada entre dúas augas, e se P < F, o corpo flota. En todos os casos o peso do corpo medido dentro do fluído é P - F.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Superficies que separan os dominios dun material ferromagnético, caracterizados por un valor uniforme da polarización magnética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, coñecido como Joan de Paredes. Foi mestre de capela de Las Descalzas Reales, en Madrid (1691-1705), e desde 1706 na Catedral de Toledo. Compuxo música de igrexa e publicou un escrito sobre a Prevención de la ligadura (1694).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Doutora en Filoloxía Románica pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi catedrática de Filoloxía Románica da Universidade de Granada dende 1984 a 1986; neste último ano obtivo a mesma cátedra na Universidade de Santiago de Compostela, centro no que desempeña o seu labor docente e investigador, e do que foi directora do Servicio de Publicacións (1984-1990). Coordinou, ademais, a revista Verba, Anuario Galego de Filoloxía (1978-1987), foi membro do seu consello de redacción e dirixiu a Revista Galega do Ensino. No eido da lingüística destacan os seus traballos sobre a formación de palabras como a monografía Antónimos latinos y españoles. El prefijo IN (1980) e os centrados especificamente na lingua galega: “Formación y características del gallego”, “La partícula gallego-portuguesa ar/er”, “Aproximación ao estudo das palabras compostas”, etc. Destacable neste ámbito é a súa contribución ao Lexikon der Romanistischen Linguistik (vol II, 1994) con dous...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe castelá que pasou a Galicia. As armas da rama galega levan escudo partido: a primeira partición, en campo de goles, con tres faixas de ouro, e a segunda partición, en campo de azul, cun castelo de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado no sector occidental da provincia, no límite con Huelva (2.257 h [1996]). Baña o termo o río Cavallón. Ten unha produción agrícola mediterránea baseada nos cereais, na oliveira e na viña. Pertenceu á orde de Calatrava ata o s XVI.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Casas porticadas situadas na avenida da Mariña, na cidade da Coruña, construídas segundo os planos do enxeñeiro Pedro Martín Cerreño e García de Paredes no 1779, coa finalidade de dotar de vivendas o barrio da Pescadería e reordenar a beira portuaria da Mariña. O seu nome pode derivar, ben do propietario do lugar onde se asentan, Francisco Javier García de Paredes, ben do seu deseñador. Concibidas como un gran friso que se estende de xeito paralelo ao mar, contitúen dúas ringleiras de casas separadas pola praza da Aduana, que centra todo o conxunto. Posúen tres corpos de altura, cuberta a dúas augas, bufardas e baixos porticados. O plano de Cerreño abranguía desde a rúa Argar ata o Cantón Grande, pero non se realizou completamente. Finalmente, os comerciantes da cidade ocupáronas. Declaráronse Ben de Interese Cultural en 1982.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Realizou estudios musicais en Florencia e en 1939 emigrou aos EE UU, onde exerceu a docencia dende 1946 no conservatorio de Los Angeles e compuxo música para cine. Da súa produción sobresaen concertos para unha e dúas guitarras e óperas baseadas en obras de Shakespeare.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercedes González Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro, arquitecto e militar. Foi capitán xeneral do Reino de Galicia. Antes de chegar á Coruña, realizou algúns proxectos arquitectónicos e urbanísticos en Catalunya, como os planos da igrexa de Sant Miquel del Port, na Barceloneta (1753), e os da catedral nova de Lleida (1760). Entre 1776 e 1778 completou a urbanización da Rambla de Barcelona. En 1799 proxectou as Casas de Paredes na Coruña, onde tamén realizou o edificio do Consulado, que despois foi sede do Museo de Belas Artes. Foi membro de mérito en arquitectura da Real Academia de San Fernando de Cádiz (1768), consiliario da mesma institución (1770) e membro da Academia de Arquitectura (1774).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Estudiou dereito nas universidades de Madrid e Barcelona (1840), e participou nunha das fallidas insurreccións de Prim, polo que se exiliou en Francia. Regresou a Cuba en 1844, onde exerceu como avogado; alí participou na rebelión independentista de Las Pozas en 1852. O 11 de outubro de 1868 proclamou a independencia de Cuba logo de redactar o seu Manifiesto de la Junta Revolucionaria de Cuba, coñecido como Grito de Yara. Aclamado presidente provisional pola Asemblea Constituínte no 1869, aprobou unha Constitución que abolía a escravitude. Debilitado o movemento polas divisións internas, foi destituído nunha reunión de deputados en outubro de 1873. Refuxiouse na localidade de San Lorenzo, onde se suicidou para evitar que o capturasen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e historiador. Publicou as novelas Poema trágico del español Gerardo y desengaño del amor lascivo (1615), Historias peregrinas y ejemplares (1623), Varia fortuna del soldado Píndaro (1626) e Historia de Don Felipe IV, rey de las Españas (1631) e Francia engañada, Francia respondida (1635), esta última co pseudónimo de Gerardo Hispano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e escritor de orixe cubana, fillo de Carlos Manuel de Céspedes y Borja del Castillo. Despois de realizar estudios en EE UU, Francia e Alemaña, regresou a Cuba para participar na loita independentista dende 1895. Deputado pola provincia de Oriente, foi embaixador en Italia, Arxentina, EE UU e Francia, e secretario de Estado durante o goberno de Zayas. En 1933, trala deposición de Machado, elixírono presidente ata setembro dese ano, cando o derrocou Fulgencio Batista. Publicou, entre outras obras, Manuel de Quesada y Loynaz (1925). Foi membro da Academia de la Historia de Cuba.

    VER O DETALLE DO TERMO