"ELISA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 24.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elisaveta Belceva.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Sofia 1893 - ?). Poetisa búlgara. É autora das seguintes obras: Vecnata i svjatata (O eterno e santo, 1927), Surce covesko (Corazón humano, 1936), Ot briag do briag (Dun lado a outro, 1963) e Kontrapunkti (Contrapuntos, 1972).
-
PERSOEIRO
Xeneral romano. Reprimiu a insurrección contra o Emperador Xustiniano, coñecida como Nika, no ano 532. Loitou con éxito contra os vándalos de África (533-534), contra os ostrogodos de Italia (535-540) e, con diversa fortuna, contra os persas; así mesmo, salvou a Constantinopla da ameazante incursión dos hunos (559). Tivo como secretario e conselleiro o historiador Procopio de Cesarea.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político colombiano. Estudiou Arquitectura e Leis na Universidade de Medellín. Membro do partido conservador, foi ministro de Traballo no gabinete de Guillermo León en 1963 e embaixador en España en 1964. Presidente do 1982 ao 1986, o seu goberno caracterizouse polos intentos de deter a actividade guerrilleira en Colombia. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana en 1983.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. As súas novelas céntranse no universo feminino, nos problemas das mulleres e a súa relación coa sociedade. Escribiu as obras Friends and Relations (Amigos e relacións, 1931), The Death of the Heart (A morte do corazón, 1938), World of Love (Mundo de amor, 1955) e Eva Trout (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora romántica, coñecida polo nome de Bettina von Arnim. Adquiriu celebridade coa obra Goethes briefwechsel mit einem kinde (Correspondencia de Goethe cun neno, 1835). Escribiu tamén libros de carácter político e de crítica social.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e poetisa. Ingresou na academia dos Ricovrati de Padua en 1699 e escribiu, entre outras obras, Salmos e cancións postas en verso (1694) e As cereixas caídas (1717). Como pintora realizou retratos e pintura de historia. En 1672 ingresou na Académie Royale de Peinture. Publicou a serie de gravados Libro de debuxos (1707) e escribiu Libro de normas de debuxo (1706) e Antigas pedras gravadas sacadas dos principais gabinetes de Francia (1709-1719).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor italiano de orixe grega. Traballou en Nápoles, onde realizou un gran número de frescos, entre os que destacan os das igrexas de Santa Maria di Monte Virgine e do Gesú Novo, os da capela do Monte di Pietá e os do antigo mosteiro de San Severino e San Sossio, sede do Archivio di Stato de Nápoles.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino procedente do fenicio Elissa. Presenta o hipocorístico Chicha. Este era o nome tirio que recibiu a heroína grega Dido, raíña de Cartago e esposa de Siqueo, rei de Tiro. Aínda que na tradición cartaxinesa simboliza a viúva fiel, en varias obras latinas, especialmente en A Eneida de Virxilio, aparece namorada de Eneas. A súa festividade celébrase o 5 de decembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica inmunoenzimática moi sensible, empregada para detectar e determinar a cantidade de proteínas ou outros antíxenos nunha mostra problema, mediante un anticorpo unido a un enzima que determina un cambio de cor que pode ser medido fotometricamente. Consiste en adherir o anticorpo do antíxeno que se quere detectar sobre un substrato sólido, aplicarlle a solución que se quere estudiar, facer reaccionar o complexo antíxeno-anticorpo, formado cun segundo anticorpo específico para a proteína que leva unido un enzima, eliminar o exceso de anticorpo con enzima unido mediante lavado, e valorar o complexo anticorpo-proteína-anticorpo-enzima mediante o cambio detectable producido no medio polo enzima. Esta técnica é moi empregada tanto no laboratorio como en aplicacións clínicas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome antigo de Lumbumbashi.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lisardo.
-
PERSOEIRO
Poetisa sudafricana. Considerada a primeira poetisa en lingua afrikaans, da súa produción destaca Die stil avontuur (A aventura silenciosa, 1939).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo derivado do adxectivo latino felix, felīcis ‘frutífero, fértil, fecundo’, e despois ‘favorito dos deuses’, e de aí ‘contento’; en época romana converteríase nun cognome moi usado, e despois un nome independente con valor augural. Presenta as variantes Fins e Félix (cultismo). A forma feminina Felisa é de orixe descoñecida; quizais poida tratarse dunha evolución semiculta de Felicia, por influxo de Elisa. A forma galega Fiz resistiu a castelanización ao se conservar como apelido. Con este nome destacan os santos san Fiz de Nola (s III), celebrado o 25 de xullo, e san Fiz o Africano ou de Girona (s IV), patrón dos concellos de Cabana, Nigrán e Vilar, e que se celebra o 1 de agosto, agás en Entrimo onde se celebra o 2 de agosto. En Galicia ten moita sona a romaxe bergantiñá de San Fins do Castro (Cesullas-Cabana): na fonte santa lavan con panos os membros doridos para sandar; inda que...
-
-
Aplícase á peza ou figura que ten as extremidades acabadas nunha flor de lis.
-
Aplícase ao campo ou á peza sementados de flores de lis.
-
-
PERSOEIRO
Poetisa inglesa. Escribiu Poems (1953), A Way of Looking (Premio Somerset Maugham 1954, 1955) e Celebrations and Elegies (1982). Estivo vinculada á xeración de The Movement. Publicou Collected Poems (1967) e Extending the Territory (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora alemana. Próxima ao círculo de Die Kolonne, as súas obras de poesía, novela, narración e teatro reflicten o problema relixioso do pecado e da gracia, así como os horrores da guerra e da posguerra. Destaca Das unauslöschilche Siegel (O selo imborrable, 1946).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abelleiro.
-
PERSOEIRO
Escritora. De ascendencia holandesa, reflectiu nas súas obras unha gran sensibilidade simbolista. Integrante do parladoiro de Eugeni D’Ors e colaboradora das revistas Ínsula e Vértice, da súa obra destacan os libros de poemas Embrujamiento (1927), La hora emocionada (1931), Paisajes y meditaciones (1935) e Poemas mediterráneos (1949); as novelas Una sombra entre los dos (1934), Crepúsculo de una ninfa (1942) e Luna de máscaras (1958); e os contos Una china en la casa y otras historias (1941), Las noches del gato verde (1963) e Sol y el niño (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora, princesa de Brancovan e condesa Mathieu. Influída por V. Hugo, as súas creacións caracterizáronse polo lirismo e a sensibilidade. Destacan as súas obras Le coeur innombrable (1901), La nouvelle espérance (1903), Les éblouissements (1907), L’honneur de souffrir (1927) e Le livre de ma vie (1932). Foi membro da Académie Française.
VER O DETALLE DO TERMO