"EPP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 84.

  • Jeppe Jensen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político napolitano. Tivo un papel moi activo no movemento revolucionario italiano de finais do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xefe da insurrección contra o vicerreinado de Palermo. Presentou en Nápoles a revolta de Masaniello, volvendo a Palermo a organizar (1647) unha revolta contra o vicerrei de Sicilia, para ser proclamado Capitán Xeneral da illa. Tentou reformar a administración e limitar o poder da nobreza. Foi asasinado polos sicilianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Kerala, India (174.606 h [1991]). A actividade económica baséase no coco: aceite de coco, copra e artesanía da fibra do coco. Ten un porto importante, o principal do estado. Unha rede de canles conecta a cidade con Tirur ao S e Trivandrum ao N.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Príncipe de Villafranca. Político siciliano. Opúxose no parlamento a Fernando IV de Nápoles. Despois dun exilio (1811-1812) na illa Pantelleria, participou na revolta liberal do 1812 e foi nomeado Presidente da Cámara dos Pares (1820).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano, tamén coñecido como Arcimboldo. A súa pintura baséase no gusto pola alegoría, tan propio do Renacemento, e na afección pola extravagancia, propia do Manierismo. Na súa obra máis coñecida, os heteroxéneos elementos representados, sobre todo vexetais, artéllanse para conformar figuras antropomorfas, mesmo auténticos retratos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico e erudito italiano. Condiscípulo e amigo de Harvey en Padua, exerceu nesta cidade e en Venecia. Foi o precursor do preformacionismo sendo o primeiro en afirmar a existencia do embrión en estado preformado no seo do ovo non fecundado (1625).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político. Participou na fracasada revolta constitucionalista do Piemonte (1821) e, condenado a morte, fuxiu á Península Ibérica, onde loitou na guerra contra Napoleón. Pola amnistía concedida polo Rei Carlos Alberto (1848) regresou ao Piemonte. Foi ministro da Guerra na República Romana (1849). Exiliado en Nova York (1849-1860), volveu para participar nas campañas de Garibaldi do 1860, do 1866 e do 1867.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Aventureiro siciliano tamén chamado Alessandro Cagliostro. Viaxou por Europa oriental estafando, practicando a hipnose, a alquimia e o espiritismo. Estivo implicado no escándalo do colar da Raíña María Antonieta, polo que foi expulsado de Francia (1786). Dirixiuse cara a Italia (1791) e a Inquisición encarcerouno polas súas ideas masónicas ata a súa morte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Ensaísta e crítico literario italiano. Instalouse en Venecia, onde publicou a revista La Frusta Letteraria (1763-1765), pero, prohibida polo seu ton polémico, continuouna en Ancona. A súa obra máis importante é Discours sur Shakespeare et sur monsieur de Voltaire (Discurso sobre Shakespeare e o señor Voltaire, 1777).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e humanista italiano. A súa obra poética, marinista, é de tipo amoroso. Escribiu Epigramata (1635).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta italiano en dialecto romano. Influído por Carlo Porta, mantivo unha actitude voltariana e anticlerical. Deixou inéditos máis de 2.000 sonetos I Sonetti romaneschi (Os sonetos romences, 1886-1889), onde describe e satiriza os costumes e artificiosidades da vida romana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da prefectura de Ōita, na illa de Kyūshū, Xapón (129.977 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tenor. Intérprete de música wagneriana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e crítico literario. É autor de poesías, dramas e novelas como Rube, sobre a crise intelectual da época.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [ou Bošcovič Rudžer Josip] (Ragusa, actual Dubrovnik, Dalmacia 1711 - Milán 1787) Físico, astrónomo e matemático. Estudiou Física e Matemáticas no Collegium Romanum, e en 1726 entrou na Compañía de Xesús. Con Cristopher Mainer, mediu o arco de meridiano entre Roma e Rímini (1750-1753). Dende 1773 ata 1782 dirixiu en París o departamento de Óptica Naval. Na súa obra fundamental, Theoria philosophiae naturalis redacta ad unicam legem virium in natura existentium (1758), criticou os conceptos fundamentais da obra de Newton, considerándoos similares aos suscitados polo esquema cartesiano, e fixo unha xeneralización da acción a distancia entre dous puntos como principio explicativo básico aplicable a calquera fenómeno. A súa obra permaneceu esquecida ata a fin do s XIX. Amosouse contrario á teoría da propagación rectilínea da luz en Dissertatio de lumine (Disertación sobre a luz, 1794).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e teórico da arte italiano. Artista neoclásico, foi o precursor da Pinacoteca Brera de Milán (1802). É autor de Discorso sulla utilitá política delle arti del disegno (Discurso sobre a utilidade política da arte do debuxo, 1805), Del cenàcolo di Leonardo da Vinci (Sobre o cenáculo de Leonardo da Vinci, 1810) e Saggio di ricerche intorno all’armonia cromatica naturale e artificiale (Ensaio sobre a busca da harmonía cromática natural e artificial, 1821), onde se ocupou do uso moderadamente naturalista da cor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador, médico e político italiano. Ocupou altos cargos no Imperio Napoleónico e na Francia da Restauración. Escribiu Storia della guerra dell’independenza degli Stati Uniti d’America (Historia da guerra da independencia dos Estados Unidos de América, 1809) e Storia d’Italia dal 1789 al 1814 (Historia de Italia de 1789 a 1814, 1824).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor, violinista italiano. Formou o Quartetto Toscano (1765) con Manfredi, Nardini e Boccherini. En 1770 trasladouse a París, e logo orientouse cara ao ballet e á ópera cómica. Dirixiu a orquestra dos teatros Beaujolais (1788-1791) e Louvois (1791-1794), onde estreou as obras Les deux frères (Os dous irmáns, 1788) e Adèle et Erwin (1789). Compuxo, ademais, numerosas pezas instrumentais, sobre todo para corda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Evolucionou desde a pintura figurativa, vinculada á Scuola Romana, ata a linguaxe de signos e símbolos. Foi membro, ademais, dun dos fundadores do grupo Origine (1950) e en 1952 integrouse no grupo espacialista de Milán. Entre as súas obras sobresaen Superficies (1952) e Rilievi (1966). Recibiu, entre outros galardóns, o Premio Graziano da Bienal de Venecia de 1954 e unha distinción na Bienal de São Paulo de 1971.

    VER O DETALLE DO TERMO