Boscovich, Ruggero Giuseppe

Boscovich, Ruggero Giuseppe

[ou Bošcovič Rudžer Josip] (Ragusa, actual Dubrovnik, Dalmacia 1711 - Milán 1787) Físico, astrónomo e matemático. Estudiou Física e Matemáticas no Collegium Romanum, e en 1726 entrou na Compañía de Xesús. Con Cristopher Mainer, mediu o arco de meridiano entre Roma e Rímini (1750-1753). Dende 1773 ata 1782 dirixiu en París o departamento de Óptica Naval. Na súa obra fundamental, Theoria philosophiae naturalis redacta ad unicam legem virium in natura existentium (1758), criticou os conceptos fundamentais da obra de Newton, considerándoos similares aos suscitados polo esquema cartesiano, e fixo unha xeneralización da acción a distancia entre dous puntos como principio explicativo básico aplicable a calquera fenómeno. A súa obra permaneceu esquecida ata a fin do s XIX. Amosouse contrario á teoría da propagación rectilínea da luz en Dissertatio de lumine (Disertación sobre a luz, 1794).

Palabras veciñas

Bosco, Giovanni | Bosco, O | boscoso -sa | Boscovich, Ruggero Giuseppe | Bose, Jagadis Chandra | Bosé, Lucía | Bosé, Miguel