"Ebra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 116.

    1. Parte das matemáticas que estudia as estruturas alxebraicas dos conxuntos. A álxebra moderna é o resultado de dúas inclinacións diferentes. Dunha parte, a álxebra clásica, simple instrumento para facer cálculo e resolver ecuacións. Doutra, o uso de notacións simbólicas (letras para designar incógnitas) e de conceptos operativos (o cero, os números negativos, os números imaxinarios), así como o manexo de demostracións formais. Aplícase, polo tanto, nas situacións onde existe un conxunto ben definido e unha noción clara de operación entre os seus elementos (operación interna) ou entre estes e os elementos doutros conxuntos (operación externa). O concepto fundamental da álxebra é o de estrutura alxebraica. Así, dado un conxunto C onde existe definida unha operación (+) entre os seus elementos (a, b, c, etc), é posible que se verifiquen as seguintes propiedades: 1) conmutativa: a+b = b+a; 2) asociativa: (a+b)+c = a+(b+c);...

    2. Desenvolvida por George Boole no ano 1850, aplicación dos métodos da álxebra á teoría dos conxuntos e á lóxica como consecuencia de intentar obter os resultados destas como simples inferencias da súa estrutura alxebraica abstracta, unha álxebra de Boole, da que recibe o nome por extensión. Unha álxebra de Boole consta dun conxunto ben definido, dotado de dúas operacións internas e dunha aplicación de complementariedade (A,=,>,I), que verifica certas propiedades. No marco da lóxica de enunciados, o conxunto formado polas clases de enunciados loxicamente equivalentes dotados dos conectores = (‘e’), > (‘ou’) e I (‘non’) ten tamén esta estrutura e recibe o nome de álxebra de Lindenbaum-Tarski. Tense aplicado a álxebra de Boole en teoría de probabilidades e no deseño dos circuítos eléctricos en que se basean as unidades lóxicas dos ordenadores ( lóxica electrónica).

    3. Nome dado ao cálculo de clases, a causa do uso de símbolos literais.

    4. Estrutura composta (A, +, x, ·) onde (A, +, x) é una anel, (A, +, ·) é un módulo sobre un anel conmutativo con unidade K e verifícase que, se λ ∈ K e a, b ∈ A, λ(ab)= a(λb)= (λa)b. A álxebra é lineal se (A, +, ·) é un espazo vectorial.

    5. Teoría alxebraica que se ocupa das operacións entre matrices.

    6. Manipulación de símbolos matemáticos e non soamente dos seus valores númericos. Aplicado na informática, simplifican o proceso de deducir e manipular as fórmulas matemáticas.

    7. Toda ecuación polinómica de grao n > 0 con coeficientes complexos que ten polo menos unha raíz complexa. Como consecuencia, todo polinomio de grao n > 0 con coeficientes complexos pode descomporse nun produto de n factores lineais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da extremidade superior ou torácica dos primates, entre eles o home, comprendida entre o cóbado e o pulso. Está constituído por dous ósos, o radio e o cúbito, e vinte músculos. Está irrigado principalmente polas arterias radial e cubital e por veas que desembocan na axilar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colección de libros que leva como subtítulo “Aproximación á distribución dos Vertebrados de Galicia durante o quinquenio 1980-1985”. Realizado pola Sociedade Galega de Historia Natural e publicado polo Consello da Cultura Galega en Santiago de Compostela en 1995, consta de dous tomos, un dedicado ás aves e outro aos mamíferos, réptiles e anfibios. Emprega para a distribución das especies a cartografía UTM que converte Galicia en 360 cuadrículas de 10x10 km. Reproduce 60 mamíferos, 146 aves, 15 anfibios, 24 réptiles e 11 peixes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Álxebra asociativa normada completa, na que se define unha norma pola que toda sucesión de Cauchy converxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • álxebra de Boole.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Équido de orixe africana que presenta un pelame claro (branco ou amarelado) e franxas transversais escuras (negras ou acastañadas). O pescozo é groso, a crina curta e recta, e a cabeza grande e pesada. A súa dieta baséase principalmente en herbáceas, aínda que tamén poden comer follas de árbores ou arbustos. Na estación seca escarvan para desenterrar rizomas e bulbos, amais de aproveitar pastos moi pobres, aínda que nese caso dependen moito de masas de auga ás que acoden diariamente para beber. Os machos loitan polas femias mediante couces e trabadas, e as parellas adoitan ser de por vida. Viven en grupos familiares que poden variar de número (de catro a vinte animais) e que se xuntan con outros na estación seca para formar mandas de varios centos de animais, especialmente pola noite. É frecuente observalas con ñus, antílopes, xirafas e eláns. Os animais que forman cada grupo recoñécense individualmente pola diversidade nas marcas, a voz e o cheiro. En cada familia existe unha xerarquía...

    2. Cebra de ata 150 cm de altura na cruz e 320 kg de peso. Presenta as orellas curtas e estreitas, e as raias anchas, estendidas polos flancos ata a barriga, oblicuas nos cuartos traseiros. Comunícanse con voces asubiantes na aspiración de aire, seguida da voz “cua-a” emitida repetidamente. A gran fvariabilidade das poboacións deu lugar á descrición de varias razas, entre as que destacan: a cebra de Grant , de patas raiadas ata os cascos, distribuída polo N de Sudán, Etiopia, Somalia e S de Tanzania; a cebra de Selous , de raias finas e numerosas, propia do N de Moçambique, Zambia e Malawi; a cebra de Chapman , de cor amarelada en xeral e patas non raiadas na súa totalidade, que vive na parte setentrional de Sudáfrica; e a cebra de Burchell , raza tipo coa que se describiu a especie e que se extinguiu pola caza dos europeos.

    3. Cebra de ata 130 cm de altura na cruz e 275 kg de peso. Presenta as orellas longas e apuntadas, o ventre de cor branca e as raias negras estreitas e numerosas, na parte superior das ancas dispostas en sentido transversal. Existen dúas subespecies: a cebra de montaña (H. zebra zebra) que habita nas montañas do sur de Sudáfrica e en perigo de extinción pola caza; e a cebra de Hartmann (H. zebra hartmannae), de cor de fondo amarelado, vive nas montañas do sudoeste de África e Angola e penetra no deserto despois das chuvias para aproveitar as herbáceas. A súa voz é un rincho semellante ao do cabalo.

    4. Cebra de ata 152 cm de altura na cruz e cun peso de ata 430 kg. Presenta as orellas amplas e redondeadas, raias estreitas e numerosas, case que verticais por todas as partes do corpo. O ventre é de cor branca, ao igual que unha gran mancha no alto das ancas. Vive nos altiplanos áridos e nas ladeiras rochosas do corno de África e coincide coa cebra de Grant no N de Kenya, coa que forma mandas mixtas. Comunícanse entre elas con orneos semellantes aos dos asnos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ento forte acompañado dunha chuvia intensa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que ten a súa orixe nun topónimo de carácter abundancial que podería remitir á presenza no lugar de cebros ‘asnos salvaxes xa extinguidos na Península’ ou de acevros, con aférese da sílaba inicial. No primeiro dos casos, o étimo que o explica componse do latín vulgar *ecĭfĕru e mais o sufixo -ale; e no segundo, do latín vulgar *acifolu e mais o sufixo -ale, derivado de aquifoliu. A confluencia entre os resultados dun e doutro étimo puido producirse facilmente, sobre todo se se ten en conta que o hábitat da especie equina viña a coincidir co da especie vexetal.

    2. Liñaxe que trae como armas, en campo de azul, cinco flores de lis de ouro; en punta, ondas de azul e prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor e debuxante. Participou no I Curso Nacional de Artes Plásticas celebrado en Madrid en 1957. Foi un dos fundadores dos grupos pitóricos ferroláns Dos Sete, Salón de Maio e O Grilón. A súa obra é unha interpretación próxima á nova figuración, dotada dunha visión onírica ou simbólica na que se mesturan diferentes estilos. Participou nos principais certames pitóricos galegos, como a Bienal de Pontevedra de 1974 ou a X Exposición Siglo XX, Plástica Gallega, organizada pola Caja de Ahorros de Vigo en 1981. Entre os galardóns que recibiu destacan o segundo premio do I Certame de Pintores Noveis (1959) e a medalla e segundo premio do Certame Nacional El Mar (1961).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de celebrar.

    2. Termo que en retórica identifica unha fórmula fixada para a expresión do sentimento de alegría producido por algo ou alguén. Xeralmente, é unha manifestación colectiva e caracterízase polo emprego de marcas explícitas e mesmo institucionais como bendito, feliz, loado ou viva, e doutras menos evidentes (entoación ou exclamación).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de celebrar.

    2. Que se aplaude ou celebra moito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que celebra algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que celebra algo.

    2. Persoa que é o axente principal nunha cerimonia litúrxica, especialmente o sacerdote que di a misa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Loar a alguén ou algo ou destacar unha calidade que ten de seu, especialmente de forma pública.

      1. Facer unha festa ou organizar un acto dunha forma solemne e cerimoniosa.

      2. Organizar un acto que recorda unha data ou un acontecemento importante.

      1. Realizar un ritual, unha reunión, unha xunta ou calquera acto formal.

      2. Dicir misa o sacerdote.

    2. Alegrarse por algo que resulta beneficioso para outra persoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desenvolvemento do cerebro, ligado ao aumento da capacidade craniana e á cefalización, que tivo lugar especialmente nos homínidos e que constituíu unha parte importante do proceso de hominización.

    2. Actividade dos hemisferios cerebrais como soporte do pensamento consciente ou inconsciente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cerebro.

    2. Aplícase á persoa, á obra ou ao traballo no que predomina o raciocinio e o esforzo intelectual sobre o afectivo, emocional ou fisiolóxico.

    3. cacuminal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de cerebral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de concelebrar. A concelebración eucarística, habitual en Oriente, estendeuse despois do Concilio Vaticano II pola Igrexa latina, na que, durante séculos, estivo reducida ás misas de ordenación.

    VER O DETALLE DO TERMO