"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pedi-.
-
AFLUENTES
Afluente á esquerda do río Támega, tamén chamado do Fachedo. Nace como arroio dos Muíños na parroquia de Osoño, no concello de Vilardevós. A seguir, entra no concello de Verín pola parroquia de Abedes, da que recibe o nome, e por Cabreiroá chega ao Támega onde desemboca no lugar da Ponte de Oímbra, no concello de Oímbra, logo dun percorrido en sentido NNL-SSO que aproveita a falla coñecida co nome de Corga e na que xorden as augas de Sousas e Cabreiroá, que orixinaron os balnearios e industrias de embotellado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PERSOEIRO
Químico inglés. Descubriu o procedemento de estabilización da nitrocelulosa e inventou con J. Dewar a cordita, pólvora sen fume.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei de Edesa, en Mesopotamia, a quen se lle atribúe correspondencia con Xesucristo. Segundo a versión desta lenda recollida por Eusebio de Cesarea (s IV), Xesucristo enviou unha resposta escrita por medio do apóstolo Xudas Tadeo, quen habería bautizar a Abgar. Esta correspondencia foi declarada apócrifa polo Decreto Pseudoxelasiano (s VI). A lenda puido ter tamén a súa orixe no desexo de darlles aos edesios unha antigüidade superior á súa conversión, realizada en tempos de Abgar IX (179-214).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta hebreo. Autor de numerosas obras poéticas e do primeiro dicionario de sinónimos hebreos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Académie Nationale de Médecine.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Institución científica fundada en París no ano 1820 co nome de Académie Royale de Médecine; en 1947 adoptou o nome actual. É un organismo consultivo encargado de estudar cuestións de saúde, alimentación e hixiene pública.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que accede, que dá permiso.
-
-
Ceder, de bo grado ou en contra da propia vontade, ao que outra persoa desexa ou pide.
-
Ter acceso a un lugar.
-
Chegar a determinada posición social ou convencional, cargo ou traballo.
-
Ter acceso, paso ou entrada a unha aplicación informática ou a un documento xerado por ela; a un equipo informático ou a unha parte do mesmo; e mesmo a unha rede ou servizo ofrecido a través dela.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización católica, fundada o 2 de febreiro de 1932 no concello de Pontedeume. Naceu baixo a denominación oficial de Asociación Femenina de Acción Nacional de Pontedeume, pero a partir do 20 de xuño de 1932 realizou as súas actividades baixo o nome de Acción Popular Femenina. A nova organización funcionou entre 1932 e 1934, artellada en delegacións parroquiais; esta división parroquial respondía á estratexia expansiva da Unión Regional de Derechas (1931), á que a Acción de Pontedeume estaba adscrita dende a data mesma da súa fundación. Esta organización feminina naceu como resposta ás iniciativas da sociedade local, coa intención de estruturar a propaganda do catolicismo político naquelas parroquias onde aínda non era moi forte. Boa mostra do seu carácter social e interclasista foi a intención de agrupar tanto as mulleres obreiras como as que non o eran, aínda que os cargos directivos estaban dominados, porcentualmente, polas mulleres pertencentes a familias dunha posición socio-económica...
-
VER O DETALLE DO TERMO
aceda.
-
PERSOEIRO
Rei de Suecia ( 1751-1771), primeiro soberano da dinastía Holstein-Gottorp, que subiu ao trono grazas á intervención rusa. Enfrontouse co Parlamento e interveu na Guerra dos Sete Anos (1756-1763) contra Prusia. No 1756 tentou un golpe de estado que fracasou, aumentando a inestabilidade do país, que será dominado por Rusia e Prusia dende 1764.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
De xeito intencionado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de mosquitos tropicais da familia dos culícidos. A especie A. aegypti, de cor negra con manchas brancas, vive nas rexións cálidas e húmidas de África e de América meridional. Propaga o dengue e a febre amarela.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[ACG] Constituída en Asturias durante a Guerra Civil, nos últimos meses de 1936. Nun principio estaba conformada por un grupo de militantes anarquistas procedentes de diferentes puntos de Galicia (Santiago, Noia, A Coruña, Espasante, Cariño, Marín, Bouzas e Vigo), refuxiados en Asturias nos comezos da sublevación militar. O principal obxectivo desta asociación era o de agrupar e organizar os libertarios fuxidos de Galicia, chegando a reunir 600 afiliados nos primeiros meses da contenda. Mantiveron unha forte actividade antifascista na área asturiana non ocupada, levando a cabo unha ampla campaña de propaganda, dirixida, sobre todo, aos mariñeiros da flota pesqueira con base en Asturias, Euskadi e Cantabria. Neste sentido, tentaron constituír sucursais da agrupación en Santander e Bilbao, chegando a funcionar a de Euskadi, aínda que por pouco tempo. Por outra banda, a ACG realizou un importante labor de asistencia aos afiliados e evadidos, tentando cubrir as necesidades de alimentación,...
-
GALICIA
Funcionario na Coruña e director do xornal Diario de La Coruña. Traslada a súa residencia a Madrid e colabora con numerosas revistas da época como El Museo Nacional ou La América, e dirixe o xornal El Correo de Las Antillas. No 1861 obtén o primeiro accésit nos Xogos Florais da Coruña co poema titulado A la Religión.
VER O DETALLE DO TERMO -
REPUBLICAS
Nome do estado constituído o 21 de setembro de 1949 nos territorios da Alemaña Occidental ocupados, ao rematar a Segunda Guerra Mundial, polos exércitos do Reino Unido, Francia e os EE UU ( Alemaña).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Enxeñeiro sueco. Emigrou aos EE UU en 1901. Inventou alternadores de alta frecuencia para as comunicacións transoceánicas e foi (1930) un dos pioneiros da televisión.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que presenta alas nos pés, atributo propio do deus Mercurio.
-
quiróptero.
-