"Edesio" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • Antropónimo masculino que procede do nome latino Aedesius, que á vez ten a súa orixe no greco-bizantino Aidésios, derivado do verbo aidéisthai ‘sentir respecto ou pudor’. Santo Edesio foi mártir en Alexandría de Exipto no ano 306. Outro santo con este nome, do s IV, evanxelizou Etiopia xunto co seu irmán Frumencio. A súa festividade celébrase o 8 de abril.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Vicepresidente provincial do Instituto Nacional de Previsión, foi alcalde de Verín de 1942 a 1953, procurador en Cortes dos municipios de Ourense entre 1946 e 1953, e vicepresidente da Deputación provincial.

    VER O DETALLE DO TERMO