"Edite" (Contén)

Mostrando 18 resultados de 18.

  • Obra de xeografía lingüística destinada a rexistrar o léxico dos mariñeiros e dos pescadores do Mediterráneo, e no que se estudia a súa difusión e influencias mutuas. Iniciada por Marko Deanovic, diríxea dende Venecia G. Folena e dende Catalunya B. Moll.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dise da rexión austral do Mediterráneo.

    2. Provincia meridional da rexión mediterránea, que correspondente principalmente ao dominio dos maquis e dos espiñeirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rexión boreal do Mediterráneo.

    2. Provincia boreal da rexión mediterránea que corresponde sobre todo ao dominio climático dos aciñeirais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás terras que rodean o Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Turquía (59.395 km2; 5.497.600 h [1990]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo feminino procedente do inglés Edith, e este do anglosaxón Eadgydh, composto de éad ‘rico, feliz’, ‘riqueza’, e gydh/gûdh ‘combate, batalla’. Presenta a variante Edith e os hipocorísticos Edi, Ediña, Didí. Levaron este nome varias princesas inglesas da Idade Media, entre elas Edith, a do pescozo de cisne dos poemas cabaleirescos. A súa festividade celébrase o 16 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é propio de territorios non pertencentes á zona mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao Mar Mediterráneo e ás terras e países que o rodean.

      2. Natural ou habitante da rexión e dos países que rodean o Mar Mediterráneo.

      3. clima mediterráneo

        Clima típico dos países do Mediterráneo, que lle dan nome, pero non exclusivo, porque aparece nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude, sen ser zonal. Caracterízase polos veráns secos e cálidos, invernos suaves e chuvias que se presentan en primavera e outono, a miúdo torrenciais nesta última estación. Os días con precipitacións son poucos e coinciden con tipos de circulación de índices baixos e grandes ondulacións da corrente en jet. No Mediterráneo occidental, debido ao relevo, fórmanse depresións atmosféricas que, pola inestabilidade do aire local, producen todo o ano, agás no verán, precipitacións intensas. Estas perturbacións adoitan estancarse e producen ballóns e tempestades grandes, con inundacións frecuentes. Fóra do espazo mediterráneo este tipo de clima dáse en California, no S de Australia e de África e no centro de Chile.

      1. Relativo ou pertencente á raza mediterránea ou aos seus representantes.

      2. Individuo da raza mediterránea.

      3. raza mediterránea

        Raza do grupo leucodermo, dolicocéfala, de pel máis ou menos morena e ollos escuros. Ocupa basicamente a Europa Meridional e o N do Sáhara. Comprende dúas subrazas, a iberoinsular e atlantopirenaica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar do SL asiático, situado en Indonesia, que abrangue os mares de Xava, Bali, Flores e Banda.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Seto-naikai.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Mar continental, e case pechado, situado entre Europa, ao N, África, ao S, e Asia, ao L. Comunica ao O co Océano Atlántico polo estreito de Xibraltar e ao L co Mar Vermello e, en consecuencia, co Océano Índico, polo canal de Suez (3.000.000 km2).
    Xeografía
    As augas do Mar Mediterráneo e do Mar Negro únense a través dos estreitos do Bósforo e Dardanelos e do mar de Mármara. Desde o punto de vista xeolóxico pódese considerar como un resto do gran xeosinclinal terciario do mar de Tetis. As costas, a miúdo de orixe tectónica, son xeralmente abruptas, aínda que tamén abundan as costas aluviais. Cara ao SL, o litoral é baixo e chan, sobre todo en Libia e Exipto. As costas ramifícanse en moitas penínsulas, entre elas a Ibérica ao O, a Itálica no centro, e a dos Balcáns máis ao L, a península de Anatolia en Asia e as de Tunes e Cirenaica no continente africano. A Península Itálica divide o mar en dúas concas principais: a occidental, ata o estreito de Xibraltar,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á alta montaña mediterránea.

    2. Alta montaña mediterránea, de clima frío no inverno e relativamente seco no verán. Comprende as altas montañas de Andalucía e as do N de África.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Programa rexional da Unión Europea, con vixencia entre 1986 e 1992, destinado a modernizar as economías das rexións mediterráneas, afectadas pola competencia de España e Portugal na ampliación a doce estados da UE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mar interior de Xapón, situado entre as illas de Honshū, Shikoku e Kyūshū. Comunícase co Pacífico polos estreitos de Kii e de Bungo, e co mar de Xapón polo de Shimonoseki.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ás plantas e ás comunidades vexetais que se atopan na rexión mediterránea, pero que teñen o seu óptimo fóra dela.

    2. Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana, que marca a transición cara á rexión mediterránea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Área de sedimentación mariña que se orixinou durante o Precámbrico ao fragmentarse a Panxea, e que se estendía desde Pireneos ata Indonesia, pasando por Asia central. O Mediterráneo é unha parte antiga do mar de Tetis. Deulle o nome o xeólogo austríaco Edward Suess.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Em-presa de transportes marítimos fundada en Barcelona en 1916, produto da fusión de seis empresas navieiras. Dedícase ao transporte de viaxeiros entre Barcelona e outros portos do Mediterráneo e as Illes Balears, Canarias, Ceuta e Melilla, e tamén ten liñas interinsulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que atravesa o Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO