mediterráneo -a

mediterráneo -a

(< lat mediterranĕu)

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao Mar Mediterráneo e ás terras e países que o rodean.

    2. s

      Natural ou habitante da rexión e dos países que rodean o Mar Mediterráneo.

    3. clima mediterráneo [CLIMAT]

      Clima típico dos países do Mediterráneo, que lle dan nome, pero non exclusivo, porque aparece nas costas occidentais dos continentes, entre 30° e 40° de latitude, sen ser zonal. Caracterízase polos veráns secos e cálidos, invernos suaves e chuvias que se presentan en primavera e outono, a miúdo torrenciais nesta última estación. Os días con precipitacións son poucos e coinciden con tipos de circulación de índices baixos e grandes ondulacións da corrente en jet. No Mediterráneo occidental, debido ao relevo, fórmanse depresións atmosféricas que, pola inestabilidade do aire local, producen todo o ano, agás no verán, precipitacións intensas. Estas perturbacións adoitan estancarse e producen ballóns e tempestades grandes, con inundacións frecuentes. Fóra do espazo mediterráneo este tipo de clima dáse en California, no S de Australia e de África e no centro de Chile.

  1. [ANTROP/FISIO]
    1. adx

      Relativo ou pertencente á raza mediterránea ou aos seus representantes.

    2. s

      Individuo da raza mediterránea.

    3. raza mediterránea

      Raza do grupo leucodermo, dolicocéfala, de pel máis ou menos morena e ollos escuros. Ocupa basicamente a Europa Meridional e o N do Sáhara. Comprende dúas subrazas, a iberoinsular e atlantopirenaica.