"Eiré" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 119.

  • MONTES

    Monte de 1.395 m de altitude que fai de límite entre a parroquia de Noceda (concello de Folgoso do Courel) e a de Gundriz (concello de Samos).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á vila portuguesa de Aveiro.

    2. Natural ou habitante de Aveiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filólogo e escritor. Presidente do Institut d’Estudis Occitans dende 1961, especialista en Dialectoloxía da lingua de oc e Literatura occitana medieval, a súa actividade é compartida pola acción occitanista, a investigación filolóxica e a creación literaria. Entre a súa obra destacan Petite anthologie de la lyrique occitane du Moyen Âge (Pequena antoloxía da lírica occitana da Idade Media, 1954), Les saluts d’amour du troubadour Arnaud de Mareuil (Os saluts d’amour do trovador Arnaud de Mareuil, 1961), La langue occitane (A lingua occitana, 1963) e o Manuel Pratique de Philologie romane (Manual práctico de Filoloxía Románica, 1969); ademais dalgunhas escolmas de literatura occitana como Au briu de l’estona (1951) ou Sonets barròcs entà Iseut (1979), e algunhas novelas. Foi director das publicacións Cahiers de Civilization Médiévale, Revue de Linguistique Romane, Estudis Romànics e OC.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e político occitano. Foi administrador en París da Fundación Ramón Llull e da Revista de Catalunya. Membro activo da Resistencia, a Gestapo arrestouno en xaneiro de 1944 e enviouno a Dachau. Acabada a guerra, foi un dos principais artífices da lei Deixonne para o ensino doutras linguas distintas á francesa, entre elas a catalana. Presidiu a comisión organizadora dos Xogos Florais de 1948 en París. Foi membro da Asemblea da Unión Francesa (1952) e delegado da UNESCO. É autor de Bibliographie gasconne du Bordelais (Bibliografía gascona de Bordelais, 1942) e Bibliographie occitane 1919-1942 (Bibliografía occitana 1919-1942, 1946).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘leitería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Curtametraxe realizada en Galicia por Raúl Veiga, adaptada libremente dun relato homónimo de Xosé Luís Méndez Ferrín. Foi a base para a elaboración dunha longametraxe titulada A metade da vida (1994), filme intimista que non tivo boa acollida do público.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase a terreos ou lugares nos que hai moito bulleiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao cabaleiro.

    2. Pertencente á cabalería considerada como un sistema.

    3. Que ten un talante nobre e distinguido.

    4. Relatos protagonizados por un cabaleiro, o chamado “cabaleiro andante”, que leva a cabo unha serie de fazañas, que tiveron a súa época de esplendor entre os séculos XII e XVI. O xurdimento deste tipo de narracións está ligado á eclosión da literatura cabaleiresca que tivo lugar durante o renacemento do s XII e que formaría parte do nacemento do xénero do roman. Foi precisamente na segunda metade dese século cando o champañés Chrétien de Troyes compuxo os seus cinco romans de ambiente artúrico, que se consideran as obras fundacionais da novela cabaleiresca: Erec et Enide (Erec e Enide), Cligès, Le chevalier au lion (Yvain ou O cabaleiro do león), Le chevalier à la charrette (Lanzarote ou O cabaleiro da carreta) e Le conte du Graal (Perceval ou O conto do graal). Foi Chrétien quen definiu o tipo do cabaleiro errante e solitario, que abandona a corte en busca de aventuras coas que mellorar no seu heroísmo cabaleiresco e conseguir...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que fai, arranxa ou vende caldeiras, caldeiros, ou outros obxectos de caldeirería. Nas grandes cidades estaban frecuentemente unidos co gremio dos ferreiros, mentres que nas vilas e aldeas formaban un único corpo con outros oficios do ferro, agrupados na confraría de santo Eloi. Decaeron completamente a partir do s XVIII. Na tradición oral recóllense ditos como: “O caldeireiro, de ferro fai diñeiro”.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Oficio ou arte de traballar as pranchas de ferro, de cobre ou doutros metais para facer caldeiras e traballos de ornamentación mediante as operacións de trazamento, recorte e dobramento.

    2. Obradoiro onde traballa ou vende o seu material o caldeireiro.

    3. Lugar onde hai moito balbordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Recipiente de aluminio ou lata, con tapadeira e asa, empregado para o depósito e transporte do leite.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Realizou estudios de xestión e produción editorial en 1976. Profesor titular de produción e xestión de empresas informativas na facultade de Ciencias da Información da Universidade de Santiago de Compostela, comezou a súa actividade xornalística en El Progreso, Hoja del Lunes, El Ideal Gallego e en Radio Lugo EAJ 68; posteriormente colaborou nos xornais Informaciones e Nuevo Diario de Madrid. Durante sete anos foi director de produción de Akal Editor. Exerceu tamén como delegado en Lugo de La Voz de Galicia, como subdirector e director de La Región de Ourense (1985-1990) e, seguidamente, foi director xeral da Axencia Galega de Noticias. En 1994 foi nomeado director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia. Publicou os libros A reconversión da prensa en Galicia (1982-1992), A transformación das estruturas empresariais e profesionais do sector (1994), A comunicación rexional en Europa (1997), As novas fronteiras do xornalismo (1999), Brañas xornalista, un labor descoñecido...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que coida ou cría carneiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao Cebreiro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante do Cebreiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Cedeira ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Cedeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que ten ao seu cargo un celeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que despide mal cheiro.

    2. Que ou quen pescuda algunha cousa que non lle atinxe.

    3. Nome co que tamén se coñece a bubela, por ter o costume de depositar excrementos na entrada dos niños cunha finalidade disuasoria ante posibles depredadores.

    4. árnica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e ensaísta. Licenciouse en Dereito e exerceu a avogacía. Da súa produción destacan, entre outras obras, Concepción Arenal y su obra (1907), Coruña benéfica en los siglos XVIII y XIX (1909), El venerable Barrantes, canónigo de Burgos. La beneficencia privada en el s XVII (1913), La obra poética de Concepción Arenal y su romancero Anales de la virtud (1920) e Concepción Arenal y los problemas sociales contemporáneos (1923). Foi cóengo honorario da catedral de Burgos, membro numerario da Real Academia Galega e correspondente das de Lengua, Ciencias Morales y Políticas e Bellas Artes de San Fernando. Recibiu a Gran Cruz de Beneficencia e a Cruz de la Orden Civil de Alfonso XII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asemblea de representantes (en gaélico) da Tithe an Oireachtais ou Parlamento da República de Irlanda. Creada en 1919 en Dublín polos 23 deputados irlandeses disidentes do Parlamento británico, foi a única cámara lexislativa ata a reforma constitucional de 1922, que introduciu o bicameralismo. Consta de 166 membros elixidos para un mandato de cinco anos.

    VER O DETALLE DO TERMO