"Eiral" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 34.

    1. Lugar poboado de aciñeiras.

    2. Comunidade vexetal onde a especie de árbore predominante é a aciñeira, cunha estrutura e distribución influída pola actividade humana (pastoreo, lumes, aproveitamento da madeira para leña ou carbón) e de aspecto similar aos sobredos, cos que coinciden xeograficamente e orixinan no suroeste da Península Ibérica formacións mixtas. Teñen unha cobertura elevada dando lugar a unha formación densa e sombriza con árbores de ata 10 m. Os aciñeirais ibéricos constitúen a mellor representación dos bosques planoesclerófilos mediterráneos. En Galicia constitúen formacións de alto valor ecolóxico e corolóxico e distínguense: aciñeirais mediterráneos en zonas baixas do país, caracterizados pola presencia no sotobosque de érbedos, carpazas, tomentelos, xilbarbeiras, troviscos e arzaias; e aciñeirais eurosiberianos en terreos calizos dos Ancares e o Courel, cun sotobosque onde están presentes acivros, sanguiños, abruñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Lugar poboado de amieiros.

    2. Formación vexetal na que a especie arbórea predominante é o amieiro, normalmente asociada a cursos de auga ou zonas asulagadas especialmente sobre solos ácidos. Forma bosques de galería cando os cursos son estreitos e entran en contacto as copas das árbores. En Galicia esta é unha comunidade vexetal amplamente distribuída debido á densidade de cursos fluviais; os máis representativos pódense atopar nas ribeiras do Eume e do Louro. Debido á súa atlanticidade e meridionalidade dentro da distribución europea, que determinan unhas condicións climáticas cálidas, poden albergar taxóns de afinidade subtropical ou macaronésica (como os fentos Culcita macrocarpa, Davallia canariensis e Woodwardia radicans). Outras árbores comúns no amieral son os bidueiros e salgueiros; entre as herbáceas son frecuentes especies nemorais como anémonas, narcisos e violetas, e gramíneas dos xéneros Luzula e Carex. A fauna máis aparente está representada por aves como o ouriolo e...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral sudoccidental da Illa de Ons, situada ao N do Burato do Inferno, na parroquia da Illa de Ons, concello de Bueu.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Zona que sobresae nun tellado.

    2. Monte de herbas, terra, etc, situado á beira dun camiño que pode servir de linde entre terras.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Formación vexetal propia de rexións temperadas e frías do hemisferio setentrional, onde a especie arbórea predominante é o bidueiro. En Galicia preséntase como comunidade substituínte de carballeiras ou como climática nas áreas montañosas orientais; forma masas de entidade a partir dos 500 m de altitude.

    2. Lugar no que se plantaron bidueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de cimbros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar cheo de espiñeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de estripeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral occidental da illa de Ons, na parroquia da Illa de Ons (Bueu), situada ao N da praia da Fontiña e ao O da enseada Bastián de Val.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á feira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar poboado de figueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Terreo poboado de lamigueiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar plantado de limoeiros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lugar que está poboado de loureiros.

    VER O DETALLE DO TERMO