"Elam" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 40.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Repoboamento dun terreo con cepas novas.
-
-
Acción e efecto de acuartelar.
-
Lugar onde se acuartelan as tropas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión latina que significa ‘por precaución’. Emprégase adxectivada na forma cláusula ad cautelam, propia do dereito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ou Aiantos Alcumado o Grande, fronte a Aiax Oileo, o Pequeno. Personaxe da Ilíada que personifica a forza física. Fillo de Telamón, é un dos caudillos do exército aqueo, considerado polo seu valor na loita o máis importante despois de Aquiles (ou Aquileos). En obras menores do ciclo troiano (Etiópida e Pequena Ilíada) nárrase a súa discusión con Odiseo (ou Odiseos, Ulises segundo os romanos), tralos funerais de Aquiles pola posesión das armas deste, forxadas por Efestos (ou Efaístos, o Vulcano romano), deus irmán de Zeus, e que foran reclamadas por Telamón por ser el quen recuperara o cadáver de Aquiles. Impediu o seu despoxo polos troianos e evitou así un grande agravio para os restos do heroe. O feito de non ter acadado os trebellos de Aquiles condúceo a un proceso mental paranoico que o entolece. Cando recuperou parcialmente a cordura, desesperado por descubrir quen pretendera atentar contra os seus compañeiros do sitio de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de anelar.
-
PERSOEIRO
Escultor e arquitecto lombardo. Centrou a súa actividade en Parma, onde esculpiu o Descendemento da Cruz da Catedral (1178), realizou a portada do baptisterio (1196) e, xunto cos seus discípulos, principiou a decoración do seu interior. Tamén realizou a fachada da Igrexa de Santo Andrés de Vercelli (1223). As súas composicións, dotadas de volume e dun sólido modelado, exerceron unha ampla influencia no nacemento do Gótico italiano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Consejo Episcopal Latinoamericano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga medida de capacidade para áridos que equivale a 4,625 litros, aproximadamente.
-
PERSOEIRO
Astrónomo francés. Foi secretario vitalicio da sección de matemáticas da Académie des Sciences. No ano 1781 elaborou as primeiras táboas de efemérides do planeta Urano, ás que lles seguiron as do Sol, Saturno, Xúpiter e outros astros. Participou na medición do arco de meridiano comprendido entre Dunkerque e Barcelona.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
ariedade do proceso de gastrulación da que resultan o ectoderma e o endoderma concéntricos. Ocorre cando a blástula se substitúe por un disco embrionario que, nos mamíferos, corresponde ao blastema embrionario do blastocisto.
-
PERSOEIRO
Fotógrafo. Adoptou o procedemento da calotipia a partir dos estudios realizados por Talbot. Nas súas imaxes recolle múltiples aspectos do desenvolvemento industrial do Reino Unido durante o s XIX. Documentou por vez primeira na historia da fotografía as diversas fases de construción do Palacio de Cristal de Sydenham (1851-1854), en Londres, deseñado por Joseph Paxton. En referencia a este feito publicou Photographic Views of the Progress of the Crystal Palace, Sydenham, taken during the progress of the works, by desire of the Directors. Seguindo o estilo de Gustave Le Gray, dedicouse tamén á reprodución fotográfica das obras de arte incluídas na exposición celebrada en Manchester en 1857.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Delampo.
-
-
Deixar de chover.
-
Desaparecer unha tormenta e quedar o ceo sen nubes.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Delampo.
-
-
Acción de delampar.
-
Momento, entre chuvieiras, no que sae o sol e deixa de chover.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que se asentou en Santiago de Compostela. Outros apelidos relacionados con esta caste son Delampado e Delampar. As súas armas levan, en campo de azul, chuvia miúda.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desmantelar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de desnivelar ou desnivelarse.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga rexión de Asia, situada ao N do Golfo Pérsico e ao L do baixo Tigris, no O do actual Irán. No VII milenio a C desenvolveuse alí unha civilización agrícola baseada na irrigación fluvial e durante o IV milenio a C xurdiron comunidades dedicadas á explotación do cobre que intercambiaban coa Baixa Mesopotamia. Trala fundación de Susa (ó redor 3700 a C), estableceuse o modelo das cidades-estado e a rexión desenvolveuse como centro comercial e cultural definido por unha escritura e unha glíptica propias. Durante o III milenio a C, a dinastía de Awan (2425 a C-2150 a C) unificou o territorio e estendeuse por outras zonas do actual Irán, onde se descubriron máis de trinta cidades vinculadas á explotación mineira. A comezos do II milenio a C, os elamitas invadiron Babilonia, estableceron unha nova dinastía en Larsa e dominaron Uruk e Isin. Derrotados por Hammurabi (s XVIII a C), no século seguinte desenvolveuse un novo reino elamita. Sometido pola I dinastía de Babilonia, sufriu a invasión...
-
MACIZO
Macizo montañoso do estado de Kerala, India, no s dos Ghats Occidentais, que chega ata os 1.380 m de altitude. Coñécese polas súas extensas plantacións de té, café e bambú.
VER O DETALLE DO TERMO