"Elba" (Contén)
Mostrando 13 resultados de 13.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde ás voces ‘garda e alguacil’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo das xergas dos canteiros e telleiros que corresponde ás voces ‘cabalada e rabaño’.
-
PERSOEIRO
Escritor arxentino. Exerceu como xornalista e na súa obra reflectiu o drama psicolóxico e os cadros de costumes. Da súa produción destaca Soledad es tu nombre (1932), Un guapo del 900 (1940) e Pájaro de barro (1940).
VER O DETALLE DO TERMO -
ILLAS
Illa do Mar Tirreno, fronte ao litoral da provincia de Livorno, na Toscana, Italia (35.000 h [1996]). Está separada da Península Itálica polo canal de Piombino. O turismo, a extracción de sal e a pesca son as principais actividades económicas. Colonizárona sucesivamente os etruscos, os foceos, os cartaxineses e os romanos. Invadida polos árabes (s IX-X), foi posesión dos pisanos e dos xenoveses (s XI-XVI) e formou parte das posesións dos monarcas españois (1596-1709). Integrada no Reino de Nápoles, pertenceu a Francia (1802) e foi posesión persoal de Napoleón I, que permaneceu confinado nela (1813-1814).
VER O DETALLE DO TERMO -
RIOS
Río de Europa Central. Nace nos montes Krknŏse, vertente meridional dos Sudety, na República Checa (Bohemia Oriental). O seu curso adopta unha dirección SL-NO coa que drena Bohemia. Poucos quilómetros despois de recibir o Vltava, penetra en Saxonia (Alemaña), onde pasa pola cidade de Dresden. Continúa polo land de Saxonia-Anhalt, pasa por Dessau e chega a Magdeburgo, onde vira cara ao N. Ao achegarse á fronteira de Mecklemburgo-Pomerania, volve á dirección NO, que mantén ata a súa desembocadura no Mar do Norte pola badía de Helgoländer, augas abaixo de Hamburgo. Percorre un curso de 1.165 km e drena unha conca de 144.000 km2. O seu réxime é nivo-pluvial, e o caudal moi regular. Conecta cunha gran rede de canais, da que os máis importantes son o Elba-Havel, o Elba-Lübeck e o Norte-Sur.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Turmalina de litio, de fórmula Na(Li,Al)3Al6 (BO3)3Si6O18(OH)4. Cristaliza no sistema hexagonal e preséntase en cristais prismáticos columnares ou aciculares. Ten unha dureza de 7-7,5. De orixe hidrotermal, localízase en granitos e gneises. Segundo a coloración, distínguese entre: verdelita, de cor verde; rubelita, de cor avermellada; e indigolita, de cor azul. Ten propiedades piezoeléctricas, polo que se emprega na fabricación de calibradores de presión.
-
CAPITAIS
Capital do rrethi homónimo, Albania, na marxe dereita do río Shkumbin (83.300 h [1990]). Importante centro industrial, nel destacan os sectores siderúrxico e alimentario. Tamén ten unha refinería de petróleo. Fundada no s I co nome de Skampa, foi un núcleo comercial na ruta entre as penínsulas Itálica e Balcánica. No s IV construíronse as murallas da cidade e o emperador bizantino Xustiniano estableceu nela a sede do bispado. A fortaleza foi reconstruída en 1466 polo sultán Mohamed II tralo ataque turco e a cidade recibiu o nome de Elbasan, ‘fortaleza’ en turco. Nos s XVI e XVII converteuse nun importante centro de comercio e manufacturas de coiro, seda, madeira e prata. En 1832, o levantamento contra o poder turco levou á destrución da fortaleza do s XV. Do seu patrimonio cultural destacan as tumbas de varios guerreiros ilirios, os baños turcos, o Museo da Guerra de Liberación Nacional e o Museo da Educación.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rrethi de Albania, na rexión de Tirana-Durrës (1.481 km2; 215.240 h [estim 1993]). A capital é Elbasan.
-
GALICIA
Pintor. Pintou e dourou o retablo e as imaxes da capela maior de Santa María de Adai (Lugo); e dourou e estufou o retablo maior do santuario de Nosa Señora do Camiño en San Martiño de Tiobre (A Coruña) e o pintado da imaxe de san Xosé.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que expresa a variación do valor do pH nun proceso de neutralización en función da constante de acidez K<J>A</J> e da relación C<J>S</J> /C<J>A</J> entre as concentracións de sal e ácido, segundo a fórmula pH = pK<J>A</J> + log (C<J>S</J> /C<J>A</J>). Esta ecuación é só aplicable para os valores de pH entre 4 e 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Helen Porter Mitchell.
-
PERSOEIRO
Soprano estadounidense. Coñecida como Rosa Ponselle e de ascendencia napolitana, iniciou a súa carreira en pequenos cafés de New Haven xunto á súa irmá Carmela, coa que formou o dúo Ponzillo Sisters. Debutou da man de Enrico Caruso (1918) no Metropolitan de Nova York en La forza del destino, de Verdi, e triunfou nos principais escenarios do mundo, como o Covent Garden. Retirouse en 1937, despois de gravar diversos discos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político. Cofundador do Partito Popolare Italiano (1919) e do Partito Democrazia Cristiana, foi primeiro ministro e ministro do interior (1954-1955), ademais de deputado (1958-1979) e presidente (1969-1971) do Parlamento Europeo.
VER O DETALLE DO TERMO