Elba
Elba
Illa do Mar Tirreno, fronte ao litoral da provincia de Livorno, na Toscana, Italia (35.000 h [1996]). Está separada da Península Itálica polo canal de Piombino. O turismo, a extracción de sal e a pesca son as principais actividades económicas. Colonizárona sucesivamente os etruscos, os foceos, os cartaxineses e os romanos. Invadida polos árabes (s IX-X), foi posesión dos pisanos e dos xenoveses (s XI-XVI) e formou parte das posesións dos monarcas españois (1596-1709). Integrada no Reino de Nápoles, pertenceu a Francia (1802) e foi posesión persoal de Napoleón I, que permaneceu confinado nela (1813-1814).