"Elizabeth" (Contén)
Mostrando 14 resultados de 14.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Florence Nightingale Graham.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elizabeth Barrett Browning.
-
PERSOEIRO
Poetisa. Foi profesora en Harvard e destacou como tradutora de portugués. Recibiu o Premio Pulitzer polos seus dous primeiros libros titulados North and South (Norte e Sur, 1946) e A cold spring (Unha primavera fría, 1955).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. A súa poesía combina o lirismo romántico coa erudición a miúdo abstracta. Da súa produción destacan as obras: The Seraphim and Other Poems (O Serafín e outros poemas, 1938), A Drama of Exil (O drama do exilio, 1845) e Sonnets from the Portuguese (Sonetos do portugués, 1847) e a novela Aurora Leigh (1857).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Soprano irlandesa. Realizou estudos musicais no London Opera Centre e debutou en 1975 coa Ópera Australiana e a Ópera Nacional Inglesa. Inicialmente, interpretou papeis de mezzosoprano e, posteriormente, centrouse nos de soprano.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz norteamericana. Coñecida como Bette Davis, estudiou ballet na Mariarden School of Dancing e interpretación na John Murray Anderson Dramatic School. En 1929 debutou en Broadway e en 1930 entrou nos estudios Universal. Desta primeira etapa destacan filmes como Seed (Semente, 1931) ou Waterloo Bridge (A ponte de Waterloo, 1931). En 1932 pasou aos estudios Warner, dos que foi a súa maior estrela nos anos trinta e corenta. Deste período destacan as súas intervencións en 20.000 Years in
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa estadounidense. Estudiou na Amherst Academy e no Mount Holyoke Female Seminary. Cara aos trinta anos, o seu desinterese polo mundo exterior levouna a recluírse na casa paterna e a limitar os seus contactos, aínda que mantivo múltiples relacións persoais e literarias a través dunha correspondencia regular. A súa obra trata diferentes temas coma o amor, a natureza, a relixión, a moral, a preocupación pola vocación literaria, a fama, a morte ou a inmortalidade, a través de imaxes que reflicten con frecuencia un intenso conflito interior. Tivo unha grande influencia na poesía do s XX e a maior parte das súas composicións son curtos poemas líricos formados por dous cuartetos, que introducen unha expresión innovadora baseada nunha sintaxe complexa orixinal e, ás veces, agramatical, con versos sen rima, rupturas métricas, metáforas non convencionais ou xuízos aforísticos. Dos poemas que se lle atribúen, só se publicaron en vida sete. A primeira compilación póstuma foi editada por T. W....
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade dos EE UU, no estado de New Jersey, situada na baía de Newark (110.000 h [1990]). Forma parte da área metropolitana de Nova York.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Estilo arquitectónico inglés que tivo o seu desenvolvemento entre 1558 e 1603 durante o reinado de Isabel I. Combinou os elementos góticos, como as ventás con maineis, e os renacentistas, como a simetría das fachadas.
-
CIDADES
Cidade da provincia do Cabo Oriental, República Sudafricana, situada na baía de Algoa (303.353 h [1991]). É o terceiro porto en importancia do país. Destaca como núcleo industrial, especializado en industria automobilística, mecánica, téxtil, do cemento e do caucho.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
División administrativa de Xamaica (1.212 km2; 146.404 h [2001]). A súa capital é Black River.
-
PERSOEIRO
Novelista inglesa. Coñecida como Mrs. Gaskell, foi a primeira biógrafa de Charlotte Brontë. Das súas obras destacan Mary Burton (1848), Cranford (1853), North and South (1855) e Wives and Doughters (1864-1866).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actriz cinematográfica. Coñecida como Liz Taylor, destacou polo filme Little Women (1949). En 1960 foille concedido o Oscar á mellor actriz por Butterfield-8, e en 1966 por Who’s Afraid of Virginia Woolf? Da súa filmografía tamén destacan A Place in the Sun (1951), Cat on a Hot Tin Roof (1958), Cleopatra (1963), The Sandpiper (1964), Night Watch (1973), The Bluebird (1975), The Mirror Crack’d (1981), Between Friends (1986) e The Flinstones (1994).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pacifista. Cofundou con Mairéad Corrigan a organización pacifista norirlandesa Community for Peace People en 1976. Ambas as dúas recibiron o Premio Nobel da Paz de 1976.
VER O DETALLE DO TERMO