"Elsa" (Contén)
Mostrando 12 resultados de 12.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Situado na parroquia de San Xurxo de Torres (Vilarmaior), sábese da súa existencia grazas a unha doazón do seu abade Pelaio, feita no 1086, ao mosteiro de San Xoán de Caaveiro.
-
PERSOEIRO
Xurisconsulto arxentino. Profesor de Dereito Administrativo na Universidade de Bos Aires desde 1924, agás o período 1952-1955, no que foi separado da cátedra polas súas opinións políticas. É autor de obras como Ciencia de la administración e Derecho administrativo y legislación administrativa argentina, que tiveron influencia en Europa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Actor e profesor francés. Formado no Conservatorio de París, está considerado como un dos precursores da ximnasia moderna. Realizou interesantes contribucións na definición dos fundamentos dunha teoría científica da interpretación a partir do estudo sistemático da xestualidade corporal e da consideración de todo o corpo e dos seus diversos segmentos como centros de expresividade e creatividade, ao tempo que exploraba a relación entre xesto e emoción, buscando unha especie de gramática xestual das emocións. Tradicionalmente vinculado á teoría xeral da ximnasia, a súa influencia no campo da interpretación foi transcendental na obra de directores como Jerzy Grotowski, que converteu o corpo e a voz do actor nos elementos creativos, expresivos e comunicativos centrais do seu proxecto teatral.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo feminino que posiblemente sexa unha forma hipocorística de Elisa ou a aceptación da escrita alemá Elsa, diminutivo de Elisabeth. Santa Elsa Bailey Seton foi a primeira santa con este nome; morreu no ano 1821 e canonizárona no 1975. A súa festividade celébrase o 4 de xaneiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organización europea de telecomunicacións por satélite creada en 1977 e constituída por 48 países. Controla oito satélites de comunicacións utilizados no continente europeo para transmisións telefónicas, de datos e de programas de televisión e radio.
-
PERSOEIRO
Poetisa. Participou activamente na Asociación Galega de Universitarios, Estudiantes e Artistas (AGUEA) e na difusión da cultura galega na emigración en programas radiofónicos (Galicia Emigrante) e publicacións (Vieiros). Autora de versos en galego e castelán, da súa produción destaca Escolma (Premio Brais Pinto 1958) e Lonxanía (1965).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Organización internacional de telecomunicacións por satélite, con sede en Washington, fundada en 1964 coa participación maioritaria de EE UU, e constituída por máis de cen estados membros. Dispón de máis de 900 estacións terrestres en comunicación coa súa rede de satélites. Serve as telecomunicacións intercontinentais e as emisións de televisión en directo. O programa de organización constrúese sobre satélites de concepción especial, os satélites INTELSAT, desde o Early Bird (1965), o primeiro, ata a serie dos INTELSAT VI, formada por cinco satélites situados en órbita xeoestacionaria.
-
PERSOEIRO
Escritora. O conxunto da súa obra, centrada nos soños e nas contradicións do home, constitúe unha crítica do excesivo racionalismo europeo. É autora da recompilación de relatos Il gioco segreto (1941), as novelas Menzogna e sortilegio (premio Viareggio, 1948), L’isola di Arturo (premio Strega, 1957), Lo scialle andaluso (1963), La storia (1974) e Aracoeli (premio Medici, 1982), e das compilacións poéticas Alibi (1958) e Il mondo salvato dai ragazzi (1968).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora. Formouse, xunto co seu marido Antón Abreu Bastos e con Demetrio Urruchúa, en Arxentina. Instalouse en España en 1973 onde formou parte, tamén xunto co seu marido, do Grupo da Prata, asociado ao movemento expresionista. Realizou retratos en pastel que destacaron pola elegancia atemporal dos ambientes e pola análise psicolóxica dos seus modelos, dentro dun marcado carácter surrealista. Das súas obras destacan Meigas de maíz (1987), El discreto encanto (1991), La abuela (1991), El llamado (1998) e Desnudos en la playa (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Bailarina e coreógrafa. Formouse en Dinamarca e debutou con 18 anos. Creou o Scandinavian Ballet, co que actuou por diversos países de Europa. Posteriormente, abriu unha escola en Copenhaguen e dirixiu o Ballet de Göteborg (1970-1976) e o Ballet de Malmö (1980-1987).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritora. De nome Elsa Blick, foi discípula de M. Gor’kij, cuñada de V. Majakovskij e muller de L. Aragon, a quen lle inspirou numerosas obras. Escribiu Bon soir Thérèse (1938), Le cheval blanc (1942), Le premier accroc coûte deux cents francs (Prix Goncourt 1944) e Le rossignol se tait a l’aube (1970).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poetisa. Foi unha das principais representantes das vangardas en Latinoamérica. Publicou os poemarios Poemas de un mundo en brumas (1950), La cosecha del viento norte (1974), Poemas del aire profundo (1992), Los dos y el mar (1994) e El hombre de la nube (2004).
VER O DETALLE DO TERMO