INTELSAT

INTELSAT

Organización internacional de telecomunicacións por satélite, con sede en Washington, fundada en 1964 coa participación maioritaria de EE UU, e constituída por máis de cen estados membros. Dispón de máis de 900 estacións terrestres en comunicación coa súa rede de satélites. Serve as telecomunicacións intercontinentais e as emisións de televisión en directo. O programa de organización constrúese sobre satélites de concepción especial, os satélites INTELSAT, desde o Early Bird (1965), o primeiro, ata a serie dos INTELSAT VI, formada por cinco satélites situados en órbita xeoestacionaria.