"Elvas" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • CIDADES

    Cidade do distrito de Portalegre, no Alto Alentejo, Portugal (30.000 h [1995]). As boas comunicacións terrestres fan dela un destacado núcleo comercial; tamén son importantes na súa economía as industrias agroalimentarias. Conquistada aos musulmáns en 1230, foi sede da diocese (1570-1882). Durante a Restauração (1640-1668), sufriu un asedio en 1658 que rematou coa Batalla das Linhas de Elvas. Preto dela, en Salvatierra, Xoán I de Castela e Fernando I de Portugal asinaron, en 1383, o denominado acordo de Elvas, que concertaba o matrimonio de Beatriz de Portugal con Xoán I de Castela. Do seu patrimonio cultural destaca a catedral (s XVI) e o acueduto da Amoreira (ss XV-XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués, pertencente á escola lírica galego-portuguesa, natural de Elvas. Debeu compor o seu cancioneiro na primeira metade do s XIV, e como demostran tanto a súa colocación nos cancioneiros B e V como as relacións intertextuais que o vinculan a Estevan da Guarda, na corte de don Denís ou ben na dos seus fillos Afonso IV ou Pedro de Portugal, conde de Barcelos. Os apógrafos italianos atribúenlle sete cantigas: catro delas enmárcanse no código da canción de muller e as tres restantes son cantigas de amor. Nestas últimas, desenvolve os motivos da beleza da dama e da coita do trobador, como en “Ay boa dona, se Deus vos perdom” e “O ouç’eu dizer huu verv’aguys[a]do”, combinados co motivo do castigo divino que se serve da beleza da senhor como instrumento, na cantiga “A mha senhor fezo Deus por meu mal”. Cultiva e enriquece os temas característicos da canción cortés cunha sutil e rica selección de procedementos retóricos, como o emprego do refrán intercalar, presente na última das...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Trobador portugués. De orixe xudía, estivo activo na corte de don Denís, a mediados do s XIV. Consérvanse fragmentos de dúas cantigas de amor que, pola súa temática, métrica e estilo, poden considerarse de introdución tardía nos cancioneiros trobadorescos. Destaca a cantiga “Moyr’, e faço dereyto”.

    VER O DETALLE DO TERMO