"Ely" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 31.

  • PERSOEIRO

    Astrofísico norteamericano, director do Observatorio de Washington. Estudiou a distribución da enerxía no espectro solar ao cuantificar mediante o pirheliómetro o valor e a temperatura do Sol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xeólogo e paleontólogo inglés. Estudiou especialmente a estratigrafía do Xurásico e fixo unha detallada clasificación dos fósiles do xénero Ammonites. Contribuíu ao establecemento dunha nomenclatura estratigráfica práctica. Publicou Jurassic Geology of the World (Xeoloxía xurásica da Terra, 1956).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónoma irlandesa. Realizou investigacións de Astrofísica empregando todas as zonas do espectro (1974-1982) e, dende 1982, astronomía óptica, infravermella e radiomilimétrica. Traballando en Cambridge cun radiotelescopio capaz de detectar variacións rápidas dos sinais descubriu, en 1967, unha fonte radioemisora flutuante, identificada posteriormente por A. Hewish como un púlsar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Boris Nikolajevič Bugayev.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e novelista danés. Situado na corrente expresionista, escribiu Adfaltens Sange (Cantos do asfalto, 1918) e Lokomotivet (A locomotora, 1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, aviador e explorador norteamericano. Contribuíu decisivamente aos primeiros voos transatlánticos. Efectuou unha expedición á Ártida e sobrevoou o Polo Norte por primeira vez o 9 de maio de 1926. En 1928 comezou a da Antártida, onde fundou a base de Little America. Sobrevoou o Polo Sur en 1929, descubriu unha terra á que deu o nome da súa muller, Marie Byrd. Organizou catro expedicións máis á Antártida, nas que ergueu os planos topográficos dunha parte do territorio, fotografou a costa dende o aire e realizou importantes observacións científicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Activista norteamericano. Defensor dos dereitos da minoría afroamericana, foi un dos fundadores do Student Non-violent Coordinating Committee (SNCC), organismo que presidiu desde xuño de 1966. Entre 1966 e 1967 converteuse no máximo representante do Black Power.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peter   Southouse-Cheyney.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante. Debutou en Venecia cara ao 1741 e posteriormente instalouse en Londres, onde organizou diversos concertos na Carlisle House do Soho Square. Realizou numerosas actuacións en Viena, Copenhaguen e Hamburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor francés. En 1560 nomeárono compositor da Corte de Carlos IX e dende 1575 foi presidente da Sociedade de Santa Cecilia. Autor de chansons e motetes, perfeccionou a forma da chanson francesa. Escribiu música descritiva e fantasías polifónicas para órgano ou espineta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo belga. Iniciou a súa carreira aos catorce anos no Théâtre des Bouffes-Parisiens e destacou ao pouco tempo como un autor especializado no campo da traxicomedia e da farsa, ademais de realizar diversos traballos como director de escena. Entre as súas obras máis representativas cómpre salientar Nous n’irons plus au bois (1906), Le sculpteur de masques (1908), Le Marchand de regrets (1913), Le cocu magnifique (1921) ou Chaud et froid (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Dramaturgo húngaro. Autor de pezas realistas sobre a vida moderna, da súa produción destacan Proletàrok (Proletarios, 1880), Cifra nyomurúság (Miseria brillante, 1881), Örök törvény (Lei eterna, 1890) e A nagymama (A avoa, 1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político grego. Foi ministro de Asuntos Exteriores en varias ocasións, e sostivo unha política expansionista e de reivindicacións territoriais. Elixido primeiro ministro (1885-1886, 1890-1892, 1895-1897, 1902-1903 e 1904-1905), alentou a sublevación dos cretenses e a guerra con Turquía. Morreu asasinado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles, da familia dos dermoquélidos, ao que pertence o sapoconcho coriáceo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do condado de Cambridgeshire, en Inglaterra, Reino Unido, situada á beira do río Ouse (13.507 h [1981]). Do seu patrimonio cultural destaca a catedral, con planta de estilo normando (1090-1130), na que sobresae a capela da Virxe (1321-1349), de estilo gótico florido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Graduado na Columbia University (1876), doutorouse na Universidade de Heidelberg, onde recibiu a influencia da escola historicista. Foi profesor nas universidades Johns Hopkins e de Wisconsin, e participou na fundación da American Economic Association. Cómpre destacar as súas obras The Past and the Present of Political Economy (Pasado e presente da economía política, 1884) e An Introdution to Political Economy (Introdución á economía política, 1889). Despois de 1914 asumiu posturas conservadoras e dedicouse ao estudo da economía agraria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas perennes, da familia das poáceas, caracterizada por presentar inflorescencias sinxelas de pequenas espigas subsésiles e arestas terminais. En Galicia están presentes as especies E. caninus, en bosques e sebes; E. farctus, en áreas litorais; E. pungens, en lugares secos; E. pycnanthus, en áreas litorais e grixedos; e E. repens, en camiños e cultivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio que construíu Claude Mollet en París en 1718 para o conde de Evreux. Pertenceu aos monarcas franceses e a Napoleón Bonaparte, quen asinou alí a súa abdicación de 1815. A Segunda República determinou en 1848 que fose o lugar de residencia do presidente francés, aínda que non o foi ata 1873.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de sapoconchos mariños, da familia dos quelónidos, que abrangue unicamente a especie Eretmochelys imbricata. A cuncha é elíptica e acada os 114 cm de lonxitude, formada por 13 escudos maiores superpostos entre si de xeito imbricado -cinco dorsais e catro pares laterais- e un plastrón con catro escudos. Os escudos dorsais son de cor café con raias amarelas ou rubias e os do plastrón van dende a cor crema ata a branca amarelada. A cabeza e as aletas son máis escuras ca o resto do corpo e, xeralmente, as súas escamas presentan un bordo branco amarelado. A especie pode acadar un peso de 85 kg. As extremidades son moi planas, para servir como remos, e cada unha presenta dúas uñas no bordo anterior da aleta. Presenta unha cabeza de ata 12 cm de ancho, cun peteiro córneo e forte que lembra ao das aves de presa. Esta morfoloxía do bico permítelle acceder a presas situadas en gretas de rochas e corais, como esponxas, ascidias, anémonas e equinodermos, que constitúen a base da súa alimentación....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do megye de Csongrád, Hungría (48.000 h [2000]). É o mercado dunha fértil comarca agrícola.

    VER O DETALLE DO TERMO