Ely, Richard Theodore
Ely, Richard Theodore
Economista. Graduado na Columbia University (1876), doutorouse na Universidade de Heidelberg, onde recibiu a influencia da escola historicista. Foi profesor nas universidades Johns Hopkins e de Wisconsin, e participou na fundación da American Economic Association. Cómpre destacar as súas obras The Past and the Present of Political Economy (Pasado e presente da economía política, 1884) e An Introdution to Political Economy (Introdución á economía política, 1889). Despois de 1914 asumiu posturas conservadoras e dedicouse ao estudo da economía agraria.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ripley, Nova York -
Deceso
Lugar : Old Lyme, Connecticut