"Empúries" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Girona, Catalunya, siyuado na comarca do Empordà (4.830 h [1996]). Destacan as actividades agropecuarias (cultivos de cereais, forraxeiras e froiteiras, e a cría de gando bovino e porcino). A industria máis importante é a láctea e a principal actividade económica é o turismo. O conde Gausfred I (931-991) converteuno en capital do condado de Empúries. En 1168 establecéronse os templarios, que organizaron a encomenda de Castelló; estes foron substituídos polos hospitaleiros que se mantiveron ata 1804. A finais do s XI construíronse as murallas. A igrexa parroquial de Santa María conserva da primitiva construción, dos séculos XI e XII, o campanario da torre cadrada; o corpo principal de tres naves é dos ss XIV e XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade na costa do golfo de Roses, no municipio de l’Escala (Girona). Comprende unha factoría grega (Paleápolis), establecida no s VI a C polos gregos de Focea nun antigo illote, onde se sitúa a vila de Sant Martí d’Empúries, unha cidade grega, a carón da praia, que foi denominada modernamente Neápolis, e unha cidade romana que xurdiu durante os ss II e I a C, xunto á Neápolis grega. A factoría de Paleápolis estableceuse pouco despois do 600 a C e, ao redor do 550 a C, constituíuse unha pequena cidade que contaba coas defensas naturais dos ríos Fluvià e Ter. Desenvolveu unha notable actividade comercial cos pobos indíxenas do seu contorno e deixou unha fonda pegada na súa cultura. O proceso de romanización, que se iniciou co desembarco dun exército dirixido por C. Cornelio Escipión na Segunda Guerra Púnica (218 a C), orixinou a constitución dunha nova cidade (100 a C) ao redor do campamento militar. Durante o goberno do Emperador Octavio Augusto uníronse as cidades grega e a romana...

    VER O DETALLE DO TERMO