"Engels" (Contén)

Mostrando 2 resultados de 2.

  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Saratov, Rusia, situada na marxe esquerda do Volga (183.600 h [1991]). Posúe unha importante industria química baseada na utilización do petróleo e do gas. Fundada por nómades ucraínos, foi durante o reinado de Catarina a Grande o destino dos colonos de orixe xermana. Coñecida ata 1931 como Pokrovsk, foi capital entre 1924 e 1941 da rexión autónoma do Volga xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filósofo, xornalista, industrial, activista político e teórico do socialismo alemán. Fillo dun rico industrial, estudiou en Berlín, onde entrou en contacto co grupo dos máis novos hegelianos, colectivo que ao principio seguiu, sobre todo trala lectura de L. Feuerbach, pero que despois acabou abandonando e criticando. Desde 1839 colaborou en diversas revistas con artigos literarios e filosóficos. En 1842 trasladouse ao Reino Unido para dirixir a fábrica do seu pai en Manchester, onde entrou en contacto co cartismo. En 1844 coñeceu a Karl Marx, con quen iniciou unha estreita colaboración intelectual e política que se mantivo ata a morte deste en 1883. Entre 1845 e 1850 participou en movementos revolucionarios en Francia, Bélxica e Alemaña, onde tomou parte na Revolución de 1848 e loitou ao lado das milicias revolucionarias no Palatinado. Tralo fracaso do movemento revolucionario, regresou ao Reino Unido en 1850, onde continuou as súas colaboracións con Marx. Considérase o fundador da socioloxía...

    VER O DETALLE DO TERMO