Engels

Engels
Nome científico: [ant: Pokrovsk]

Cidade da oblast’ de Saratov, Rusia, situada na marxe esquerda do Volga (183.600 h [1991]). Posúe unha importante industria química baseada na utilización do petróleo e do gas. Fundada por nómades ucraínos, foi durante o reinado de Catarina a Grande o destino dos colonos de orixe xermana. Coñecida ata 1931 como Pokrovsk, foi capital entre 1924 e 1941 da rexión autónoma do Volga xermánico.