"Entenza" (Contén)

Mostrando 4 resultados de 4.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salceda de Caselas baixo a advocación dos santos Xusto e Pastor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arciprestado da diocese de Tui que inclúe todas as parroquias do concello de Salceda de Caselas e as de Nogueira (Ponteareas), San Salvador de Budiño (O Porriño), Alxén, Arantei, Cabreira e Porto (Salvaterra de Miño), Baldráns, Caldelas de Tui e Paramos (Tui).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de disposicións ditadas por Fernando II de Aragón desde o mosteiro de Guadalupe en 1486 para resolver o conflito entre os pagesos de remença e os seus señores. A sentenza acabou cos malos usos a cambio da concesión dunha compensación económica para os señores.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Resolución dun órgano xudicial (xuíz ou tribunal) que pon fin a un proceso ou xuízo e que decide sobre el. Segundo a orde xurisdicional dos tribunais, pode ser, entre outras, civil, penal, do contencioso administrativo, de xurisdición eclesiástica ou militar. A sentenza da xurisdición ordinaria consta dunha cabeceira co lugar, a data, o xuíz ou tribunal que a dita, o nome e as circunstancias dos contendentes e os nomes dos avogados e dos procuradores, a parte dos resultantes coa relación das pretensións das partes e a práctica da proba, a parte das consideracións, onde a sentenza é estudada e onde se valoran as alegacións; e no xuízo fanse as consideracións legais. A continuación vai a vista, onde son citadas as disposicións legais, e remata co veredicto ou parte dispositiva. As sentenzas pódense clasificar en: definitivas, cando se dá por rematado un litixio ou proceso nunha instancia; firme, cando é imposible interpoñer calquera recurso; congruente, cando os...

      1. Opinión filosófica ou teolóxica sobre algún punto que se expresa dunha maneira dogmática.

      2. Dito breve que encerra un pensamento de carácter moral ou doutrinal.

    VER O DETALLE DO TERMO