sentenza
(< lat sententĭa)
-
s
f
[DER]
Resolución dun órgano xudicial (xuíz ou tribunal) que pon fin a un proceso ou xuízo e que decide sobre el. Segundo a orde xurisdicional dos tribunais, pode ser, entre outras, civil, penal, do contencioso administrativo, de xurisdición eclesiástica ou militar. A sentenza da xurisdición ordinaria consta dunha cabeceira co lugar, a data, o xuíz ou tribunal que a dita, o nome e as circunstancias dos contendentes e os nomes dos avogados e dos procuradores, a parte dos resultantes coa relación das pretensións das partes e a práctica da proba, a parte das consideracións, onde a sentenza é estudada e onde se valoran as alegacións; e no xuízo fanse as consideracións legais. A continuación vai a vista, onde son citadas as disposicións legais, e remata co veredicto ou parte dispositiva. As sentenzas pódense clasificar en: definitivas, cando se dá por rematado un litixio ou proceso nunha instancia; firme, cando é imposible interpoñer calquera recurso; congruente, cando os seus resultantes e considerantes están en harmonía coas peticións do preito; arbitral, cando se pon fin ao xuízo de arbitrio, e son non xuíces os que deciden determinadas cuestións litixiosas, non penais; e interlocutoria, cando é ditada nunha causa incidental que produce algún efecto definitivo importante.
-
s
f
-
Opinión filosófica ou teolóxica sobre algún punto que se expresa dunha maneira dogmática.
-
Dito breve que encerra un pensamento de carácter moral ou doutrinal.
-