sentido -da
(< sentir)
-
p reg
de sentir ou sentirse.
-
adx
Que se caracteriza pola súa sensibilidade e sentimentalismo.
-
adx
Que amosa resentimento ou afección con moita facilidade por algo.
-
[FISIOL]
-
s
f
Proceso fisiolóxico que posúen os animais de recibir informacións do exterior mediante órganos especializados, que lles permiten reaccionar fronte ás variacións do medio, tanto físico como biolóxico, que os envolve. Tamén teñen sentidos internos que lles permiten percibir cambios de estado fisiolóxico dos órganos ou dos tecidos. Nos animais, os principais sentidos son os fotorreceptores, o oído, o tacto, o olfacto e o gusto. Ademais, os animais móbiles teñen o sentido propio receptivo ou cenestesia, órgano do equilibrio que os informa da súa posición no medio e da posición respectiva das súas partes.
-
órgano do sentido
Aparato ou órgano receptor das impresións externas, dos seus sentidos.
-
s
f
-
s
m
[PSIC]
Facultade psíquica coa que cada individuo conceptúa a realidade propia e a circundante.
Sinónimos: entendemento. -
-
s
m
Capacidade mental de actuar e xulgar de maneira razoable ou lóxica.
Sinónimos: siso, xuízo. -
datos dos sentidos
[FILOS]
Conxunto das manifestacións sensibles percibidas polos sentidos e irredutibles ao propio suxeito. A comprensión destas na súa irredutibilidade é fundamento do realismo gnoseolóxico e impide calquera idealismo. A súa importancia foi decisiva en Kant, que os interpretou como un conxunto caótico e indiferenciado, que debía ser ordenado polas correspondentes formas a priori da sensibilidade.
-
filosofía do sentido común
[FILOS]
Doutrina central da escola escocesa, onde destaca o papel decisivo do sentido común (common sense) como facultade regulamentadora que lle permite ao home fundamentar todo xuízo sen caer no escepticismo nin no dogmatismo. Relacionouse co sentido común (sensus communis naturae) da tradición escolástica, entendido como unha clase de forza cognoscitiva da propia natureza humana, en virtude da que hai un acordo universal dos homes con respecto a unha serie de principios e verdades, que son os que propiamente conforman o sentido común.
-
sentido común
[FILOS/PSIC]
Sentido xeral, non identificable con ningún órgano sensible pero vinculado a todos eles, que unifica e coordina todos os datos da experiencia sensible tanto externa coma interna, segundo a tradición aristotélica.
-
sentido íntimo
[FILOS]
Clase de sentido non sensible e de carácter espiritual, que equivale a unha idea primitiva e fundamental do suxeito. Defendida polo agostinismo, a idea aparece tamén en Descartes, Malebranche e Maine de Biran.
-
sexto sentido
[PSIC]
Hipotético sentido oculto capaz de percibir globalmente por vías extranormais e que é posuído dunha maneira eminente por persoas hipersensibles ou clarividentes.
-
s
m
-
s
m
Aptitude ou capacidade para comprender, apreciar ou practicar algo.
-
s
m
-
Maneira de entender ou de interpretar algo.
-
[RELIX]
Cada unha das maneiras que a tradición cristiá distingue da interpretación da Biblia. As máis comúns son as correspondentes cos sentidos literal, histórico, alegórico, espiritual, pleno e acomodaticio. A práctica pastoral e a teoría da interpretación recollen desde a Antigüidade dúas correntes principais: a de orixe xudía ou midraš e a de orixe grega ou alegoría, que os mestres alexandrinos usaron tamén para interpretar os mitos pagáns.
-
-
s
m
Estado de plena consciencia.
-
-
s
m
[MAT/FÍS]
Cada unha das dúas maneiras en que se pode percorrer unha liña determinada. Xeralmente os dous sentidos posibles dunha dirección son o sentido positivo e o sentido negativo que están fixados convencionalmente.
-
sentido de circulación
[TRANSP]
Cada unha das maneiras opostas en que se pode percorrer unha vía ou circular nunha infraestrutura de transporte que se adoita denominar pola súa orientación, polos seus extremos ou polo punto final de destino.
-
s
m
[MAT/FÍS]
-
s
m
Finalidade ou razón de ser de algo.
Frases feitas
-
Cos cinco sentidos/ Poñer os cinco sentidos. Facer algo prestando a máxima atención posible.
Refráns
- A máis anos, máis xuício.
- Cada cabeza quere siso.
- Quen aos trinta anos non ten siso e aos corenta non é rico, rachádelle o libro.
- Tras dos anos vén o siso.
- ¡Deus nos garde o mellor que é o xuício!