"Entrimo" (Contén)

Mostrando 3 resultados de 3.

  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de santa María a Real que dá nome ao concello de Entrimo, por ser onde se localiza a capital municipal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Baixa Limia, situado na provincia de Ourense no extremo S da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita ao N con Portugal e co concello de Lobeira (Baixa Limia), ao L e S co de Lobios (Baixa Limia), e ao O con Portugal. Abrangue unha superficie de 84,5 km 2 cunha poboación de 1.390 h (2007), distribuídos nas parroquias de Entrimo, Galez, A Illa, A Pereira e Venceáns. A capital municipal é o lugar da Terrachá, na parroquia de Entrimo, situada a 41° 56’ 3’’ de latitude N e 8° 6’ 43’’ de lonxitude O, 65 km ao SO de Ourense e 177 km ao SL de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Bande e á diocese de Ourense.
    Xeografía física
    O concello de Entrimo está baixo o dominio oceánico húmido, se ben presenta certos matices de mediterraneización. O feito de que boa parte do territorio municipal quede protexido por dúas barreiras montañosas situadas ao N e ao O provoca que existan unhas elevadas precipitacións, especialmente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Entrimo. Pertenceu a unha antiga abadía e dende a súa fundación tivo o título de Real. Puido ter a súa orixe nun mosteiro que se integrou no de San Salvador de Celanova, pois os seus abades sempre pretenderon a abadía. Construíuse nun terreo pertencente á Coroa e as súas obras remataron no 1793 baixo o goberno do abade Agustín Levoso (ou Leboso). Ten planta de cruz latina con tres naves separadas por oito pilastras. A nave central é máis ancha e alta. O cruceiro cóbrese con bóveda de media laranxa e no exterior cun tambor octogonal rematado nunha lanterna. As naves cóbrense con bóvedas de crucería. Do conxunto destaca a fachada principal, concibida como un retablo pétreo dedicado á realeza de santa María, que constitúe unha mostra do estilo churrigueresco en Galicia. Este elemento cobre a nave principal da igrexa e componse de catro corpos: o primeiro composto pola porta que centra o conxunto, cun arco moldurado de medio punto e flanqueado por tres pares de...

    VER O DETALLE DO TERMO