Baradostense

Baradostense
[PREHIST]

Industria do Paleolítico Superior (30000-25000 BP) dos montes Zagros de Iraq e Irán caracterizada pola presenza de perforadoras, raspadeiras en fociño, láminas de dorso e puntas de Arjenah. A súa correlación con outras industrias é problemática, pois non parece proceder do Musterense local e tampouco mostra afinidades co Antelense ou Emirense (industrias contemporáneas do Próximo Oriente), polo que se sinalou unha orixe caucásica; sen embargo, non se dubida que localmente evoluciona cara ao Zarzense.

Palabras veciñas

Barabudur | Baracaldo | baraceiro | Baradostense | barafunda | barafustar | baragnosia