"Epiro" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • REXIÓNS

    Rexión do NO de Grecia, xunto a Albania, que se estende desde a vertente occidental da cordilleira do Pindo ata o Mar Xónico, e desde Albania ata o golfo de Arta (9.203 km2; 339.728 h [1991]). Divídese nos nomós de Arta, Iiánnina, Préveza e Thesprotikón. De relevo montañoso, o seu clima é mediterráneo, modificado pola altitude. Iiánnina, coa función de capital, é o centro económico, seguido de Préveza. As actividades agrícolas constitúen a base económica da rexión, na que tamén son importantes a industria téxtil e alimentaria. Poboada orixinalmente polos helenos, no s V a C establecéronse os molosos e formaron un estado federal baixo a dinastía dos Eácidas, que amosaron unha grande actividade política e militar durante o reinado de Pirro II (318 a C-272 a C). Trala morte do seu sucesor Alexandre (260 a C), desapareceu a monarquía e estableceuse unha república dirixida por tres estrategas. Os ilirios aproveitaron a crise e ocuparon o país (230 a C), aos que sucederon...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado soberano, coñecido tamén como Despotado de Arta, que xurdiu na parte S do Epiro, ao crearse o Imperio Latino de Constantinopla (1204). Gobernado pola dinastía bizantina dos Ánxel (1205-1318) e polos Orsini (1315-1348), sufriu a invasión do líder albanés Carlos Thopia (1358) que estableceu unha breve dinastía ata que se reincorporou ao Imperio Bizantino (1388).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Epiro ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Epiro.

    3. Dialecto do grego antigo falado en Epiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento tectónico de elevación e de afundimento de grandes extensións da codia terrestre que non produce ningún dobramento nin orixina novas estruturas nas rochas. Moitos autores coinciden ao afirmar que despois de cada período oroxénico se produce un movemento epiroxénico de elevación que pon ao descuberto os dobramentos que se iniciaron nos xeosinclinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á epiroxénese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Déspota de Epiro (1214 e 1230-1271), fillo ilexítimo de Miguel I. Conquistou parte de Tesalia e da illa de Corfú, pero foi vencido polo Emperador Xoán III de Nicea e polo Emperador Miguel VIII Paleólogo de Bizancio en Paflagonia (1259), polo que perdeu as conquistas de Macedonia. Casou ás súas fillas Helena e Ana co Rei Manfredo I de Sicilia e co Príncipe Guillerme II de Acaia, respectivamente. Sucedeuno o seu fillo Nicéforo I.

    VER O DETALLE DO TERMO