"Erea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 37.
-
PERSOEIRO
Mariscal napoleónico. De orixe humilde, alistouse no exército revolucionario en 1792 e ao cabo dun ano ascendeu a xeneral. Loitou nos Pireneos Orientais contra os exércitos españois de Carlos IV (1793) e contra os austríacos en Italia (1796). Colaborou no golpe de estado do 18 de frutidor do ano V (4.8.1797). En 1804 Napoleón nomeouno mariscal e, en 1806, duque de Castiglione. En 1810, despois de tomar Girona, foi nomeado gobernador xeral de Catalunya (xaneiro-maio de 1810).
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Lesotho (2.222 km2; 206.200 h [estim 1995]). A capital é Teyateyaneng (14.251 h [1986]).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
ariante do apelido Brea.
-
Verea.
-
-
GALICIA
Violinista, compositor e editor. Foi promotor e fundador de orfeóns, do mesmo xeito que fixeron Xoán Montes, Pascual Veiga e Chané nesa época, co fin de defender e divulgar o noso folclore musical. En 1854 fundou o primeiro establecemento musical de Galicia. Foi o primeiro e segundo director do Teatro Principal da Coruña (1861-1862), e a partir de 1863 converteuse en protector dos músicos galegos, dedicándose á edición das súas obras; así, editou os Cantares viejos y nuevos de Marcial del Adalid, e obras de Pedrell e Montes. Na faceta de compositor podemos citar a muiñeira Alfonsina, a zarzuela nun acto La luna de hiel, a canción Un sospiro, inspirada nun texto poético de Manuel Martínez González, a peza O día en que saín da patria miña e numerosas melodías e himnos. Foi alcalde da Coruña, membro correspondente da Real Academia de Bellas Artes de San Fernando (1879) e presidente da Academia Provincial de Bellas Artes da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lingua de Oceanía que pertence á familia papua de Nova Guinea. Fálase na provincia de Ouro. Hai tres linguas que se adscriben ao phylum binandereano: notú, orocaiva e corafé.
-
PERSOEIRO
Pintor academicista francés. Obtivo en 1850 o Premio de Roma e pasou catro anos en Italia. Foi entusiasta de Rafael e contrario ás tendencias modernas. Foi un gran retratista.
VER O DETALLE DO TERMO -
DISTRITOS
Distrito de Irlanda do Norte, Reino Unido (85 km2; 58.000 h [estim 1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Robert Stewart.
-
-
-
Relativo ou pertencente á deusa Ceres.
-
Aplícase ás festas que se celebran en honor a Ceres.
-
-
-
Planta pertencente, en xeral, ás familias das poáceas e poligonáceas, que produce sementes das que se poden obter fariñas panificables. A selección realizada por parte do home ao longo dos tempos fixo que estas herbáceas sexan todas anuais e ofrezan máis e maiores froitos, con espigas máis resistentes, o que facilita a súa recolleita. Os cereais constitúen o grupo máis importante de plantas cultivadas debido, sobre todo, ao seu rendemento e valor alimentario, así como á súa facilidade de almacenaxe. Os máis importantes son: a avea, o centeo, o orxo e o trigo (orixinarios do interior de Asia e do Mediterráneo); o arroz (orixinario do sudoeste de Asia), o millo miúdo e o sorgo (de rexións áridas de Asia oriental, India e África) e o millo (de América central e México). A parte máis importante da produción destínase á alimentación (consumo directo dos grans, de produtos elaborados ou de subprodutos). Interveñen nos procesos de transformación e elaboración as industrias fariñeiras e de pasta,...
-
Semente dos cereais. Constitúe unha das bases da alimentación humana desde o Neolítico. Aínda que as substancias nutricias están tanto no tegumento coma no mesmo gran, adoitan consumirse descascados. Existen dúas formas de consumo que enriquecen o almorzo: os cereais para o almorzo, cocidos ao vapor, esmagados e torrados, ás veces con mel, azucre ou vitaminas, que facilitan a dixestión; e o müesli, que procede do norte e centro de Europa e que consiste nunha mestura de cereais cocidos, uvas pasas, abelás, améndoas, etc, á que se lle pode engadir froitas, azucre e mel. OBS: Emprégase habitualmente en plural.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cereal ou aos cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cultivo e á produción de cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que se dedica ao cultivo de cereais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cultivo dos cereais.
-
-
Relativo ou pertencente á produción ou ao comercio de cereais.
-
Persoa que se dedica a cultivar ou comerciar con cereais.
-
-
PERSOEIRO
Director teatral francés. Comezou a súa actividade profesional logo de gañar un concurso para directores novos co espectáculo Les soldats (Os soldados, 1967). Despois dunha breve estancia no Picolo Teatro de Milán, uniuse á dirección do TNP de Villeurbanne, onde realizou un considerable número de espectáculos, algúns a partir de textos de autores como Henrik Ibsen, Richard Wagner ou Pierre Marivaux. Estes traballos destacan pola brillantez da posta en escena, polo traballo do elenco e pola novidosa lectura de textos doutras épocas. En 1982 foi nomeado director do Teatro dos Amandiers de Nanterre e colaborou co dramaturgo novo Bernard-Marie Koltès, na realización dos espectáculos Combate de negro e can (1983), Quai Ouest (Peirao oeste, 1986), Na soidade dos campos de algodón (1987) e Le Retour au désert (Retorno ao deserto, 1988). Posteriormente, realizou traballos a partir de obras de Jean Genet (Les Paravents, 1987), Čekhov (Platonov, 1987) ou Shakespeare (Hamlet, 1988).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sociólogo e crítico literario ucraíno. Colaborou na revista Contemporanul, na que aplicou o materialismo histórico á teoría e crítica literaria. Os seus Studii critice (Estudios críticos) exerceron grande influencia na literatura romanesa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Irea.
-
GALICIA
Violinista, compositor e director de orquestra. Comezou unha carreira como concertista de violín por diversos países, e en 1895 saíu dende o porto de Vigo cara a Cuba, México e Arxentina. Estableceuse en Bos Aires e exerceu a docencia musical, compaxinada cos concertos por América e Europa, e creou o seu propio conservatorio. En 1925 instalouse en Francia e en 1933 definitivamente en Bos Aires, centrándose no ensino e na composición. Autor de música orquestral, de cámara, cancións, transcricións, himnos, pezas pianísticas e para violín, da súa produción destacan as suites para piano Aires gallegos e Nuevos aires gallegos, a ópera Amor vedado, a sinfonía En las montañas de Galicia, o poema sinfónico Crepúsculo en la Alhambra, a peza para orquestra e corda Impresión nocturna, a canción para piano Rosa de abril, inspirada no poema de Rosalía de Castro, e o Himno al centenario de la Independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Político, señor de Andeade, Cumeiro, Leiro Grande, Osebe, Loureiro, Salmonte e Rosende. Foi alcalde de Touro (1857), senador pola Coruña (1872) e durante a Restauración pertenceu ao Partido Liberal e foi deputado polo distrito de Arzúa (1879-1899). Senador pola provincia da Coruña (1899-1902), dirixiu a Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela. Foi nomeado cabaleiro da Real Orden de Carlos III e recibiu a Gran Cruz de Isabel la Católica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento librecambista organizado en 1839 en Manchester (Inglaterra) para conseguir a abolición das leis proteccionistas británicas sobre o trigo importado (Corn Laws). Os seus principais dirixentes foron Richard Cobden e John Bright, ambos os dous membros da escola de Manchester. A liga disolveuse en 1849 ao acadar a abolición das tarifas arancelarias proteccionistas.