Liga Anti-Lei do Cereal

Liga Anti-Lei do Cereal
Nome científico: [Anti-Corn Law League]

Movemento librecambista organizado en 1839 en Manchester (Inglaterra) para conseguir a abolición das leis proteccionistas británicas sobre o trigo importado (Corn Laws). Os seus principais dirixentes foron Richard Cobden e John Bright, ambos os dous membros da escola de Manchester. A liga disolveuse en 1849 ao acadar a abolición das tarifas arancelarias proteccionistas.

Palabras veciñas

liga | Liga | Liga Agrario-Redencionista | Liga Anti-Lei do Cereal | Liga Balcánica | Liga Católica | Liga Comunista